Benvida
Benvidos e benvidas á web do IES Francisco Aguiar de Betanzos (A Coruña) [Enlace á web antiga]
Saída a Chelo
23 de Maio de 2012
Organizada por Gonzalo Tizón do Departamento de Ciencias Naturais, excursión a Chelo e visita á Aula da Natureza de Chelo para alumn@s de 1º de ESO.
Pdf da aula da natureza de Chelo.
Fotografía www.riomandeo.com/
Fotos Sicilia-Roma 2012
Xa están na galería fotográfica a selección de fotos da viaxe a Sicilia-Roma. Preme na imaxe para acceder directamente ao albúm.
Imaxe cambiada a petición popular feita nos comentarios dos implicados
.
Liga de Balonmán
24-Maio-2012

Nova xornada da liga de Balonmán organizada por Raimundo Fernández con partidos de alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
Os partidos desenvolverándse de 10:15 a 12:40.
Acto de Fín de Curso 2º Bac
24-Maio-2012
Acto de fin de curso que se celebrará no centro ás 18:30.
Un ano máis despedimos con cariño ao alumnado de 2º de Bacharelato agardando que a súa futura vida académica e profesional esté chea de éxitos e alegrías.
Foi un pracer daros clase a todos/todas.
Foto acto fin de curso ano 2011
Charla de Miguel Castelo (cineasta galego)
25-Maio-2012
Organizada polo Concello e Vicedirección. Charla co cienasta galego Miguel Castelo destinada ao alumnado de 1º de Bacharelato e Vicedirección.
| 1º Bac | de 8:45 a 10:15 |
| 3º ESO | de 10:40 a 12:15 |
Safari Fotopoético 2012. Valentín Paz Andrade

SAFARI FOTOPOÉTICO (non garantimos a presenza de elefantes):
Valentín Paz Andrade. LETRAS GALEGAS 2012
A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca á súa comunidade escolar a un safari fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade
Rexirase polas seguintes bases:
1.
Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas
2.
As datas nas que se realizará o SAFARI fotopoético estarán comprendidas entre o 17 e o 27 de maio do presente ano 2012
3.
O día 28 de maio será a data límite para a entrega das fotopoesías.
4.
As fotografías deberán ser orixinais e tomadas en Betanzos ou na súa bisbarra
5.
As imaxes deben ilustrar algún verso do homenaxeado na edición deste ano das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade ( a tal fin adxuntarase a estas bases unha pequena escolma poética do dito autor)
6.
O texto do verso elixido debe aparecer integrado na propia imaxe.
7.
As imaxes a concurso entregaranse en formato dixital (lapiz dixital ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar xunto a un sobre con pseudónimo. No interior do dito sobre figurarán os datos personais (nome, curso, teléfono) do autor ou autora.
8.
Non é obligatoria a inscripción, mais a organización recomenda facerse seguidor da página da Biblioteca Francisco Aguiar en Facebook para gañar tempo e ter unha estimación de participantes.
Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados
Premios:
O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora
Os premios entregaranse segúndo os siguientes criterios:
40% pola adaptación do texto de Paz Andrade á imaxe elixida
50% pola calidade e orixinalidade da imaxe
10% polo inxenio e creatividade na inserción do texto de Valentín Paz Andrade
Visita ao Museo de Historia Natural de Ferrol
30-Maio-2012

Actividade destinada ao alumnado de 3º A e B da ESO. Organizada polos profesores Luisa Muíño do departamento de Física e Química e Juan Neira do Departamento de Tecnoloxía.
Visita ao Muncyt da Coruña
6-Xuño-2012
O alumnado de 3º C da ESO acompañado dos profesores Emilio Duque do departamento de Bioloxía e Carmen Núñez do departamento de Tecnoloxía visita o recentemente inaugurado Museo Coruñés.
Pola miña parte, estou desexando coñecer a Marilú (na foto), a moza de Pepexán (que coma bó "nativo dixital" ten blogue e twitter).
Fotografía na galería de Twitpic do @Muncyt
SOLICITUDES DE ADMISIÓN E RESERVA PARA O CURSO 2012-2013
SEGUNDO DECISIÓN TOMADA POLO CONSELLO ESCOLAR NA REUNIÓN ORDINARIA DO DÍA 18 DE ABRIL DE 2012, TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN E RESERVA PARA O CURSO 2012-2013 FORON ADMITIDAS

