Charlas Casa de Xanceda
Alumnado de B2D, B2C E B1B/C de economía acode a charlas da empresa Casa de Xanceda para aprender sobre o seu modelo de negocio.
EDLG - BAC1
O alumnado de 1º de Bacharelato acude á sala Xulio Cuns para gozar dun concerto de Aldaolado organizado por Normalización Lingüística do concello de Betanzos.
Canguro Matemático
Vintedous alum@s de todos os cursos da ESO, participan hoxe no Canguro Matemático, concurso organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM), dentro da convocatoria internacional realizada pola Asociación Kangourou Sans Frontières.
|
Visita á Audi
O alumnado participante no proxecto Pegada de Carbono, visitou a Audi, referente industrial en proxectos de absorción de CO2, acompañados polas súas profesoras Elvira Castro e Mª José Pardo.
Alí presentáronnos o seu programa Mission: Zero, que ten coma obxectivo acadar as emisións 0 de carbono para 2025.
Xogade - Fútbol Feminino
Equipos femininos de fútbol de 1º, 2º e 3º da ESO participaron nunha nova entrega do Xogade.
Contos musicados
O alumnado de 1º de Bacharelato de Obradoiro Musical acudiu ao CEIP Vales Villamarín, onde representaron unha serie de contos musicados para o alumnado de 3 e 4 anos de infantil.
Traballaron no guión, na interpretación, na música e no atrezzo. Ao final da representación, amosaron os instrumentos e os diferentes tipos de marionetas empregados. A experiencia foi moi enriquecedora e todo un éxito. Tanto, que á volta de vacacións repetiremos para o último curso de infantil.
Parabéns polo traballo tan ben feito!
HORA DE LER
Doutro lado do cristal, ao abrigo da chuvia e o frío...
Nas mans, as historias de Marica Campo ou Vicente Gallego.
Intercambio co Liceo Statale Alessandro Volta
Enviado por laurateacher o Dom, 10/03/2024 - 17:55Durante unha semana, 12 alumn@s italianos de Colle di Val d'Elsa conviviron con 15 estudantes do noso IES no marco dun intercambio escolar.
Hoxe foi o día do "Ci vediamo presto!" no aeroporto, xa que en menos dun mes serán os galegos os que visiten a Toscana para aprender do seu sistema educativo, da súa cultura e da súa arte.
Ata entón, poderemos gozar dos recordos resumidos neste pequeno álbum de fotos.
HORA DE LER
Inauguración da exposición 12 miradas en feminino
Este venres inaugurouse a exposición fotográfica 12 miradas en feminino. As fotógrafas Ana Tomé e María Varela explicáronlle ao alumnado presente a orixe do proxecto: honrar a mulleres pioneiras, creadoras, únicas, que a historia non promociounou.
A exposición conta con códigos QR a través dos que se pode acceder a información sobre cada unha das fotógrafas.
Esta exposición será parte das actividades no centro polo 8M.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »