1º Bacharelato

EDLG - BAC1

21/03/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º de Bacharelato acude á sala Xulio Cuns para gozar dun concerto de Aldaolado organizado por Normalización Lingüística do concello de Betanzos.

Visual Thinking en Economía

Alumnado de 1º de Bacharelato aprendeu a condensar a información básica de grandes economistas co visual thinking (ou pensamento visual). Velaiquí algúns dos seus deseños!

Campionato mixto de voleibol

19/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º de Bacharelato participou nun campionato de voleibol que se enmarca dentro do Plan de Vida Activa e Deportiva (Plan Proxecta) no que participa o departamento de Educación Física.

Obradoiro de Danza

13/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato gozou dun obradoiro de danza impartido pola compañía Exire, dentro dun programa ofertado polo concello de Betanzos.

Música de terror

O pasado mes de octubro, aproveitando a festividade do Samaín, o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Linguaxe e Práctica Musical estivo traballando en clase sobre as características e recursos musicais empregados nas películas de terror. Como proxecto final fixeron e interpretaron as súas propias composicións de música de terror. Este é o resultado. Consello: non escoitar a escuras porque lograron dabondo o obxectivo!

    1   

    2   

    3   

    4   

    5   

Día internacional da filosofía.


(Pincha na imaxe para acceder á galería)

O día 16 de novembro celebramos o Día Internacional da Filosofía reinterpretando o "Símil da caverna" de Platón.

 

 

Charla da Axencia Tributaria

08/11/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de economía de 1º de Bacharelato asiste a unha charla da Axencia Tributaria.

Os nomes das plantas dos parques de Betanzos

O alumnado de Fundamentos Léxicos de 1º de Bacharelato realizou un traballo analizando os nomes das plantas dos parques de Betanzos.

Este proxecto é unha colaboración do Departamento de Grego e o Departamento de Bioloxía.

 

 

 

Caderno de campo antropoloxía.

alumnado de 1º de bacharelato de antropoloxía elaboraron ao longo do curso un `Caderno de Campo´ sobre as nosas festas.

 

 

 

Caderno de campo sobre as nosas festas.

O alumnado de antropoloxía de 1º de Bacharelato elaborou ao longo do curso un`Cadernao de campo´sobre as nosas festas. Atópanse expostos na biblioteca.

Podedes ver algún dos traballos realizados pinchando nesta ligazón.

Álbum: Curso 22-23 -> Cuaderno de campo antropoloxía
Distribuir contido