1º Bacharelato

Charlas do Muncyt para Bacharelato

 

Aproveitando a oferta do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología da Coruña, o departamento de Tecnoloxía organizou a asistencia a dúas charlas co grupo da materia de Tecnoloxía e Enxeñería de 1º de BAC e de Electrotecnia de 2º de BAC.

O motivo era a celebración do “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia”, con dúas vídeo-charlas moi interesantes de dúas enxeñeiras informáticas sobre a discriminación de xénero na Intelixencia Artificial e as investigacións sobre a comunicación cerebro-ordenador .

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras. convocatoria 2022/23

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2023 DESTINADAS AO ALUMNADO DE BACHARELATO ESCOLARIZADO NOS CURSOS 2021/2022 E/OU 2022/2023 (ORDE DO 18 DE XANEIRO DE 2023-DOG DE LUNS, 13 DE FEBREIRO DE 2023)

 

Para ver quen pode ser beneficiario/a das devanditas axudas e os requisitos esixidos deberán consultar o DOG referenciado.

 

O prazo para a presentación de solicitudes será do 14 de febreiro ata o 15 de marzo de 2023.

 

Para prazas da cota de reserva:

 

Para solicitar a participación nesta convocatoria de 2023, mediante confirmación a través do enlace https://edu.xunta.gal/axudasle/ (donde pueden obtener información ampliada), no caso do alumnado a quen lle tería correspondido praza na convocatoria de 2022.

 

Para prazas da cota xeral: 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Enquisa ESTUDES (Encuesta sobre el Uso de Drogas en Enseñanzas Secundarias en España) - convocatoria 2022-2023.

23/02/2023 06:45
Etc/GMT+2

 

O noso centro foi  seleccionado para participar na nova edición ESTUDES (Encuesta sobre el Uso de Drogas en Enseñanzas Secundarias en España), convocatoria 2022-2023, nas súas líneas de Bacharelato (1º e 2º).

 

Os grupos participantes son B1D e B2E. A enquisa será realizada o día 23/02 ás 8:45 por persoal da empresa Análisis e Investigación S.L. 

A parábola do angazo. (grupo Talía Teatro)

10/02/2023 10:00
10/02/2023 11:33
Etc/GMT+2

O 10 de febreiro o alumnado de B1D e B1E acode á representación teatral da obra “A parábola do angazo”, por conta da compañía Talía Teatro para o alumnado dos centros de ensino de secundaria do Concello. 

Exposición sobre mosaicos - 1º De Bacharelato D

O alumnado de Latín de 1º de Bacharelato D realizou uns preciosos mosaicos romanos, que poden ser admirados no vestíbulo de entrada ao edificio principal.

 

 

Obradoiro de prevención da ludopatía

13/03/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 1º de Bacharelato recibe un obradoiro de prevención da ludopatía, impartido por Agalure, entidade de utilidade pública de Galicia.

Saída á Domus

16/01/2023 06:45
16/01/2023 12:15
Etc/GMT+2

O alumnado de B1A e B2A visitará a Domus para facer prácticas de laboratorio.

Campionato de fútbol

22/12/2022 09:00
22/12/2022 12:00
Etc/GMT+2

Os grupos de 3° e 4° de ESO e os de 1° e 2° de Bacharelato celebran un campionato de fútbol. 

Día mundial da filosofía

Álbum: Curso 22-23 -> Día mundial da filosofía 2022

Charla sobre a prevención da violencia de Xénero

16/11/2022
Etc/GMT+2

A delegación dSEDRA-FPFE Federación de Planificación Familiar en Galicia pon a disposición do noso centro un obradoiro de saúde sexual e prevención da violencia de xénero, que diriximos aos grupos de 1 de Bacharelato.

SEDRA-FPFE é unha organización non gobernamental que promove o dereito de todas as persoas a decidir libremente sobre a súa sexualidade e reprodución e que traballa con proxectos de educación sexual integral e atención á saúde sexual e reprodutiva.

Distribuir contido