Música
Trotamúsicos
Concerto do alumnado de Linguaxe e práctica musical de 1º de Bacharelato do noso centro, conxuntamente co IES Alfonso X o Sabio de Cambre.
Contos musicados
O alumnado de 1º de Bacharelato de Obradoiro Musical acudiu ao CEIP Vales Villamarín, onde representaron unha serie de contos musicados para o alumnado de 3 e 4 anos de infantil.
Traballaron no guión, na interpretación, na música e no atrezzo. Ao final da representación, amosaron os instrumentos e os diferentes tipos de marionetas empregados. A experiencia foi moi enriquecedora e todo un éxito. Tanto, que á volta de vacacións repetiremos para o último curso de infantil.
Parabéns polo traballo tan ben feito!
Concerto de Abraham Cupeiro
O xenial Abraham Cupeiro encandilou ao alumnado de 2º e 4º da ESO sacando magníficos sons tanto de instrumentos guerreiros, coma o carnyx, coma de humildes tubos sonoros.
O alumnado tivo ocasión de preguntar, e así o fixo, deixando patente o seu interese e curiosidade.
Por último, Abraham fixo soar o shofar, instrumento que derrubou na antigüidade as murallas de Xericó.
Esperemos que as de Betanzos sigan no seu sitio tras este concerto!
Obradoiro de Danza
O alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato gozou dun obradoiro de danza impartido pola compañía Exire, dentro dun programa ofertado polo concello de Betanzos.
Visita polo Betanzos Medieval
O alumnado de 3º ESOE realiza unha visita polo Betanzos Medieval, acompañados pola súa profesora de música, María Pazos.
Saída polo Betanzos Medieval
O alumnado de música bilngüe de 3º da ESO percorreu o Betanzos medieval acompañado da súa profesora, María Pazos.
Colaboración co CEIP Vales Villamarín: CURTAS MUSICADAS
Hoxe será a primeira de 5 sesións nas que o alumnado de Música de 4º da ESO de Alba Alonso acollerá a diferentes clases de infantil do CEIP Vales Villamarín e lles amosará o seu traballo: o musicado dunha curta!
Ao final de cada sesión, serán os pequenos e pequenas os que farán iso mesmo, con instrumentos sinxelos de percusión.
O lugar elixido, a biblioteca!
@bescolaresgal
Música de terror
O pasado mes de octubro, aproveitando a festividade do Samaín, o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Linguaxe e Práctica Musical estivo traballando en clase sobre as características e recursos musicais empregados nas películas de terror. Como proxecto final fixeron e interpretaron as súas propias composicións de música de terror. Este é o resultado. Consello: non escoitar a escuras porque lograron dabondo o obxectivo!
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
Concerto didáctico do alumnado de 1º de Bacharelato
O próximo 4 de xuño ás 20:00 horas, na sala Xulio Cuns de Betanzos, terá lugar o Concerto de fin de curso a cargo do alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Linguaxe e práctica musical. Será un gran concerto, con 20 actuacións musicais nas que empregaremos diferentes obxectos.
Non perdas a oportunidade de asistir!! Poderás recoller a túa entrada en conserxería do Centro en horario escolar, entradas de balde ata completar aforo. Esperámoste!!