Música

#Musiqueando2019 #nosimportalamusica Vídeo da actuación do alumnado de 2º ESO nos soportais da Biblioteca

Compartimos con todos vos a actuación do alumnado de 2º de ESO o pasado xoves 11 de abril. Con esta actuación sacamos a música fóra do aula, tal coma propón a convocatoria feita pola COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical). Agradecer aos profesores de Música a súa implicación e o seu bó facer na formación musical do noso alumnado. Parabéns!

Musiqueando 2ºESO 1er recreo soportais da bibliotreca #nosimportalamusica

musiqueando

O vindeiro xoves 11 de abril nos soportais ao carón da Biblioteca durante o primeiro recreo, o alumnado de 2º da ESO únese á convocatoria de Asomúsica (Asociación de Profesores de Música de Secundaria de Galicia) participando na actividade Musiqueando 2019- #nosimportalamusica, organizada pola Confederación de Asociacións de Educación Musical (COAEM).

Por se aínda non coñecedes esta iniciativa, o Musiqueando é unha convocatoria nacional de concertos escolares na rúa que se celebrará simultaneamente en toda España o próximo 11 de abril.

O obxectivo é celebrar un día de festa pola Música escolar e compartilo con toda a sociedade. Para isto só hai que sacar á rúa a música que facemos nas clases e facer un pequeno concerto.

Cine Bohemian Rapsody alumnado de 1º BAC de Linguaxe e Práctica Musical

O vindeiro venres 14 de decembro  o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de BAC asistirá a unha proxección cinematografica en A Coruña para disfrutar ca película biográfica de Freddy Mercury e Queen.

Bohemian Rapsody

 

CONCERTO DE FIN DE CURSO. ALFONSETTI. 2018

 

PORQUE AS TRADICIÒNS CANDO TEÑEN SENTIDO É BO QUE SE MANTEÑAN 

2017(ENLACE), 2016(ENLACE), 2015(ENLACE)

PORQUE AS FAMILIAS PODEN ASÍ COMPARTIR OS FROITOS DO TRABALLO COTIÁN AO LONGO DO CURSO

PORQUE NON LLE TEMOS MEDO NIN A UN PARTIDO DA SELECCIÓN NO MUNDIAL

CONCERTO DE FIN DE CURSO, NO ALFONSETTI, MÉRCORES 20 , ÁS 20

 

Encontro musical en Vigo 26.IV.2018

O vindeiro xoves, 26 de abril, o Departamento de Música propgrama unha saída didáctica con alumnado de 3º e 4º da ESO.

Trátase dun encontro de grupos de música doutros institutos de Galicia que terá lugar en Vigo.

Acompañados polos profesores Blanca Bello e José Antonio Leira partirán cedo, arredor da 8.00 do noso instituto.

Que sexa fructífera a experiencia!

Percusión no Auditorio de Galicia para os alumnos de 2º da ESO

 

O martes 3 de abril a práctica totalidade dos nosos alumnos e alumnas de 2º da ESO poderán participar nunha experiencia única.

Viaxarán ata Santiago de Compostela para disfrutar co concerto de percusión que presentan os   percusionistas da Escola de altos estudios musicais, xunto co seu profesor, o percusionista da Real Filharmonía.

 

 

 

Encontro de alumnado de música. 23.III.2018

 

O venres 23 o alumnado de música do Aguiar terá que actuar como atento anfitrión .

Recibiremos a visita do alumnado do IES de Ortigueira.

Trátase dunha iniciativa dos Departamentos de Música dos institutos de Galicia para poñer en contacto ao alumnado interesado nesta disciplina artística, potenciar a convivencia e o amor á música.

A nosa experiencia do ano pasado recibindo ao alumnado de Boqueixón (enlace) foi moi gratificante. Coidamos que este ano non será menos encontrándonos con rapaces que teñen cada ano a oportunidade de vivir un dos festivais "míticos" da escea folk, como é o festival de Ortigueira.

NOTA. A imaxe que encabeza esta entrada da web non corresponde aos rapaces que nos van visitar, seica seus bisavós ( jaja)

Concerto en Santiago. 1.III.2018

O  pasado 1 de marzo alumnos e alumnas da materia de Linguaxe e Práctica Musical de 1º BAC disfrutaron en Compostela dunha actividade musical. Acompañaban a visita as profesoras de Música, María Pazos, e Historia, Uxía Cagiao.

O Teatro Principal foi o esceario dun concerto protagonizado por un quinteto de instrumentos de vento.

A viaxe completouse cunha visita ao Museo da catedral compostelá. 

CONCERTO NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO 1.III.20128

 

Os alumnos e alumnas de Linguaxe e Práctica Musical en 1º BAC visitaran Santiago o xoves 1 de marzo. O obxectivo é doble. Por unha banda asistirán ao concerto dun quinteto de vento  no Teatro Principal.

Completando a viaxe tiñan previsto visitar as cubertas da Catedral Compostelana pero as condicións climáticas obrigaron a cambiar o plan. Visitarase o Museo da citada Catedral.

Coordinan e acompañan as profesoras María Pazos ( Música) e Uxía Cagiao ( Historia)

Ondas do mar de Vigo....se vistes ós meus amigos de Betanzos

Ondas do mar de Vigo…

 

O pasado venres 9 de febrero, os alumnos de Historia da Música e da Danza e de Xeografía e Historia de Galicia, acompañados polas profesoras Blanca Bello e Beatriz Vázquez, foron visitar as paisaxes que inspiraran, hai oito séculos, a algúns dos xograres máis importantes da nosa terra…  

 

Monte de   A Guía                                                                                                                                  

O Castro

… para facerlle unha visita ao Pergamiño Vindel ao Museo do Mar de Galicia, onde se atopa temporalmente chegado dende Nueva York.  Foron moi afortunados por poder ter observado en primeira liña ese valioso documento que contén as Cantigas de Amigo de Martín Códax. Seica o anaquiño de tempo compartido con el foi pequeño, pero valioso e proveitoso, xa que, transportáronse ao século XIII coñecendo características importantes do contido do Pergamiño e rasgos interesantes sobre a cultura da súa época. 

 

 

Incluso dous valentes alumnos probaron sorte como amanuenses no scriptoria… 

 

Complementando a visita ao Pergamiño Vindel, fíxose unha excursión pola cidade de Vigo e os seus arredores, contemplando as paisaxes que inspiraran aos xograres da zona… 

 

Distribuir contido