Música

Colaboración con CEIP Vales Villamarín

 

A finais do pasado mes de xaneiro, a profesora Alba Alonso trouxo ao centro ao alumnado do CEIP Vales Villamarín, para que os rapaces e rapazas de 4º de ESO, na materia de Música, ensinasen aos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria como fixeran a banda sonora dunha cortametraxe animada.

O alumnado do Vales Villmarín puido practicar tamén cos instrumentos, guiados polo alumnado do noso centro. Os nenos e nenas de Primaria desfrutaron moito da experiencia! Haberá que repetir logo para o ano.

Agradecemos a colaboración do CEIP Vales Villamarín, da súas mestras e do seu alumnado.

 

Álbum: Curso 2021-2022 -> Actividade musical en colaboración co Vales Villamarín

Asistencia aos ensaios da Orquestra Sinfónica

 

No día de onte, o alumnado das materias de 1º de Bacharelato "Linguaxe e Interpretación Musical" e de "Obradoiro de Interpretación Musical" tiveron a ocasión de asistir a un ensaio da Orquestra Sinfónica da Galiza. Concretamente, os alumnos e alumnas puideron escoitar o Concerto para violín nº 1, en la menor, op. 77 de Dmitrii Shostakóvich.

 

A música e a Idade Media (II)

08/06/2021 10:15
08/06/2021 12:00
Etc/GMT+2

O martes 8 de xuño o grupo de 3ºD de ESO fará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, co obxectivo de relacionar a música medieval co resto das disciplinas artísticas da época: arquitectura, escultura e tamén coa sociedade medieval.

Exposición sobre las Cantigas y la música medieval en la Biblioteca Fábrica  de Armas – Biblioteca UCLM

A música e a Idade Media

28/05/2021 10:20
28/05/2021 12:00
Etc/GMT+2

O venres 28 de maio o grupo de 3ºE de ESO fará unha visita guiada á zona vella de Betanzos, co obxectivo de relacionar a música medieval co resto das disciplinas artísticas da época: arquitectura, escultura e tamén coa sociedade medieval.

Exposición sobre las Cantigas y la música medieval en la Biblioteca Fábrica  de Armas – Biblioteca UCLM

Unha mañá na ópera, O loro de Carlos V no teatro Colón

ópera opera opera
opera opera  Imaxes da visita do alumnado de 1º de BAC das optativas Linguaxe e práctica musical e Obradoiro de interpretación músical ao Teatro Colón de A Coruña para asistir á estrea da ópera bufa O Loro de Carlos V.

Ópera no teatro Colón 'O loro de Carlos V' para o alumnado de LPM de 1º de BAC

o loro de carlos V 
Xoves 5 de decembro
 
Para alumnado de LPM de 1º de BAC.
Saída do IES : 10:00
Chegada ao IES : 13:00
 
Coma dí a reseña na web do teatro Colón
 
"Estrea absoluta dunha ópera familiar. Unha divertida proposta para penetrarse no mundo da ópera da man de Nani García e a Orquestra Sinfónica de Galicia apta para todos os públicos. Unha ópera bufa para todos os públicos baseada nunha idea orixinal do compositor Nani García. É un conto infantil e ao mesmo tempo unha obra artística con vocación de entusiasmar e amocionar ao público máis esixente. Presentada no formato ‘singspiel’, a obra contén unha intención lúdica e vitalista desde a que se saúda á Frauta Máxica de Mozart e á viveza imperecedoira das obras de Rossini. O espírito cómico transciende cada escena desde o propio deseño de personaxes. Pero baixo esta aparencia de lixeireza existen sofisticados mecanismos que abren as portas a un mundo de ilusión e tenrura. Esta nova e orixinal proposta desborda talento en todas as súas seccións. Por unha banda, a Orquestra Sinfónica de Galicia con Diego García Rodríguez á dirección. Por outra banda, as voces de Borja Quiza, Francisco Corujo e Helena Abad. E ademais, Miguelanxo Prado como deseñador de personaxes e escenografía, a emerxente María Peiteado coa dirección escénica e Baltasar Patiño coa dirección técnica."
 

 

Resumo do encontro de VIII Encontro de alumn@s de música de secundaria de Galicia organizado por #ASOMÚSICA

 concerto

 

O pasado martes, 30 de abril, os alumnos de Linguaxe e práctica musical de 1ºBac, acompañados das da súa profesoras Beatriz García e Blanca Bello, praticiparon no VIII Encontro de alumnos de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia en Santiago de Compostela, organizado por ASOMUSICA, que é asociación de profesores de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia, da cal Blanca é a presidenta.

Os rapaces viviron unha experiencia inolvidable participando no macroconcerto de 4 horas e nos obradoiros de Hip hop e Batucada que se impartiron simultáneamente.

Aqui vos deixamos a mostra das súas actuacións e fragmentos da reportaxe que A Revista da TVG fixo sobre o evento.

Enlace á reportaxe da TVG de 'A revista' onde entrevistan a Blanca Bello Sobral, profesora de música no noso centro e organizadora do evento coma presidenta de ASOMÚSICA.

 

Enlace á reportaxe da TVG sobre o evento.

Noraboa ao alumnado participante e a profesora Blanca Bello polo seu traballo á hora de educar en algo tan importante e indispensábel como é a Música. 

 

 

Encontro musical 2019 organizado por ASOMÚSICA para alumnado de LPM de 1º BAC

encontro musical

martes 30 abril 2019

Encontro organizado por Asomúsica,asociación de profesores de música de secundarie e bacharelato de Galicia, o alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato asistirá ao Auditorio Abanca de Santiago de Compostela para, da mán da súa profesora Blanca Bello Sobral, interpretar algunha das pezas que preparan nas clases.

Distribuir contido