Lingua Galega e Literatura

VISITA AO PAZO DE MEIRÁS

    

O alumnado de 3° de ESO visitou esta semana o Pazo de Meirás, unha actividade que vén complementar a lectura do libro de Eva Mejuto titulado A ladroa do Pazo de Meirás, proposto desde a materia de Lingua Galega. A obra recrea o período no que o Pazo foi convertido na residencia de verán do ditador Franco, logo dun proceso de espoliación de propiedades publicas e privadas. Contamos co mellor guía, Manuel Pérez Lorenzo, investigador e profesor  do noso instituto. A visita foi unha magnífica lección de historia.
Para saber máis contamos co  exhaustivo estudo, recollido no libro Meirás. Un pazo para el caudillo do que Manuel é coautor xunto con Carlos Babío.
 
 
 

Visita ao Pazo de Meirás II

22/03/2024
Etc/GMT+1

O alumnado de 3º ESO B e C visita o Pazo de Meirás.

Visita ao Pazo de Meirás I

21/03/2024
Etc/GMT+1

Alumnado de 3º ESO D e E visitan o Pazo de Meirás.

Roteiro Literario por Ourense

O pasado 30 de maio o alumnado de E4B e E4C visitou a cidade de Ourense para realizar un roteiro literario, acompañados da profesora Carmen Suárez.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Excursión Ourense

EVA MEJUTO NO IES F. AGUIAR

 

 

 

 

 Hoxe tivemos no Instituto  a Eva Mejuto, autora da obra A ladroa da Biblioteca de Meirásunha novela xuvenil na que se amosan importantes sucesos do pasado recente na nosa contorna . No libro a escritora recrea como as Torres de Meirás , que pertenceran a Emilia Pardo Bazán, foron convertidas na residencia de verán do ditador F.Franco despois dun espolio ao pobo de Sada. A protagonista, Mariña, é parte dunha desas familias que quedaron sen casa e sufriron a persecución por non seren do bando gañador.

Roteiro literario pola cidade de Ourense (2)

30/05/2023
Etc/GMT+2

Os grupos de 4º B e 4º C visitan a cidade de Ourense para realizar un roteiro literario.

Roteiro literario pola cidade de Ourense

23/05/2023
Etc/GMT+2

Os grupos de 4º A e 4º D visitan a cidade de Ourense para realizar un roteiro literario.

Presentación dun libro da escritora Eva Mejuto

18/05/2023 10:35
18/05/2023 10:35
Etc/GMT+2

No contexto da Semana das Letras, o Departamento de Lingua Galega organiza un encontro coa escritora Eva Mejuto co alumnado de 3º de ESO.

Charla con Andrea Maceiras

18/04/2023 07:35
18/04/2023 08:40
Etc/GMT+2

Charla coa escritora galega Andrea Maceiras.

Biografía - Andrea Maceiras

Distribuir contido