Lingua Galega e Literatura

'O galego hoxe', compartimos o magnífico traballo de Nuria de 4º ESO

Compartimos con todos vós o excelente traballo realizado por Nuria coma exemplo representativo dos traballos que o alumnado de 4º ESO realizou coa súa profesora Carmen Suárez.

24 de febreiro Día de Rosalía no 'Aguiar'

Sempre Rosalía Sempre Rosalía
Sempre Rosalía Sempre Rosalía

Hoxe foron varias as actividades desenvoltas para conmemorar o día de Rosalía no Aguiar, primeiro o espectáculo teatral 'Sempre Rosalía' de Producións Dispersas para 1º BAC e 4º e 3º da ESO, organizado polo Departamento de Normalización Lingüística en colaboración con Concello de Betanzos. 

Os de 1º e 2º da ESO tiveron a lectura dunha escolma de poemas preparados na titoría polo alumnado de 4º D con Natalia Pou.

Rosa

Tamén temos os corredores adornados con produccións do alumnado de 4º ESO e a saída poética do alumnado de 4ºB por Betanzos repartindo caraveis e poemas de balde. 

Rosalía Rosalía Rosalía
Rosalía Rosalía

Galería de fotos: Caraveis e poemas polo día de Rosalía 2020

O alumnado de 4º ESO saíu hoxe polas rúas de Betanzos repartindo de balde caraveis e poemas ás persoas que atopaban no seu camiño. Esta iniciativa xurdiu das mentes dos de 4º B que, acompañados da súa titora Carmen Suárez, materializaron esta singular iniciativa. 

Compartimos con vós un pequeno álbum con instantáneas na galería fotográfica e un vídeo elaborado por un pequeno grupo de alumnas/os.

 

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

 

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Saída poética por Betanzos 4ºB ESO Día de Rosalía

Día da Rosalía: Saída poética por Betanzos do alumnado de 4ºB ESO

rosalía Actividade organizada pola súa titora Carmen Suárez, do departamento de Galego, para conmemorar o día de Rosalía dun xeito especial polas rúas de Betanzos. De 10:40 a 12:20.

28 de febreiro Día de Rosalía no 'Aguiar' Espéctáculo 'Sempre Rosalía' de Produccións dispersas para 1º BAC, 4º e 3º ESO

Espectáculo de 20 minutos de duración para cada grupo. No salón de actos, a compañía teatral Produccións Dispersas realizará 3 pases do seu espectáculo 'Sempre Rosalía' nos seguintes horarios/turnos:

Curso Sesión
1º BAC 1ª sesión ás 8:45
4º ESO 2ª sesión ás 9:35
3º ESO 3ª sesión ás 10:40

Sempre Rosalía

Videocrítica 'Palabras envelenadas' de Maite Carranza por Eva de 4º ESO

Continuamos o capítulo de videocríticas de literatura en galego que o alumnado de 4º da ESO está a facer ca súa profesora Carmen Suárez. Hoxe tócalle o turno  a Eva que nos recomenda a lectura de 'Palabras envelenadas' de Maite Carranza.

Video crítica 'Kafka e a boneca viaxeira' de Jordi Sierra i Fabra por Misma alumna de 4º de ESO

O departamento de Lingua Galega e Literatura, da man de Carmen Suárez, sorpréndenos este curso coa realización de videocríticas co alumnado. Os alumnos/as recomendan aos seus amigos e ao público en xeral, lecturas que eles mesmos desfrutaron.

Hoxe queremos facer público o traballo de Misma que, con moita naturalidade e soltura, comparte con nós a súa impresión acerca de 'Kafka e a boneca viaxeira' de Jordi Sierra i Fabra

Imaxes dunha inesquecible xornada festiva: Visita dos do Entroido de Samede ao Aguiar

Este pasado martes  11 recibimos pola trde a un grupo de integrantes da asociación cultural que está a recuperar o Entroido de Samede. Despois dunha charla no salón de actos do centro, despois dunha breve demostración no pavillón do centro, o alumnado de 1º e 2º da ESO case na súa totalidade animáronse a aprender a bailar a 'Muñeira cruzada'. 

Grazas a Martín e Alejandro, gaiteiros incansables, e grazas aos integrantes da asociación. Un auténtico pracer.

 

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Visita do Entroido de Samede 2020

Día das #letrasgalegas 2019: A figura de 'Antón Fraguas' narrado para os 2º da ESO

Xoves 16 de maio de 2019.

De 10:40 a 11:30, no salón de actos, a actriz e contadora de historias, Soledad Felloza co espectáculo 'Do teu xardín', acerca ao alumnado dos 2º da ESO a figura de Antón Fraguas, homenaxeado neste día das letras galegas 2019.

Antón Fraguas

martes 14 de maio: Roteiro 'A Esmorga' por Ourense para 1º de BAC A e B

Os vindeiros 14 e 21 de maio os alumnos de 1º de Bacharelato viaxarán na procura das pegadas de "A Esmorga", obra de Eduardo Blanco Amor, na cidade na que se desenvolve a novela, Ourense.

Descubrir eses espazos, as rúas, tabernas, fontes... como un xeito de achegarse a esta obra é unha proposta do Departamento de Lingua e Literatura Galega  que completa perfectamente o traballo nas aulas sobre esta obra cumio da literatura galega.

 roteiro a esmorga

A viaxe desenvolverase en dúas quendas:

Día Grupos
14 Maio BAC1º A , BAC 1ºB
21 Maio BAC 1ºC, BAC1º D , BAC 1ºE
Distribuir contido