Lingua Galega e Literatura

Adeus, Capitán Inverno

ramiroRamiro Fonte (Pontedeume, 1957, Barcelona 2008), licenciado en Filosofía e Letras, profesor de Lingua e Literatura Galegas, era director do Instituto Cervantes de Lisboa. Membro correspondente da Real Academia Galega. Poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudoso da literatura galega, formou parte dos poetas do Colectivo Cravo Fondo. Como poeta publicou: As cidades da nada (1983); Designium (Xerais 1984), Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez de creación; Pensar na tempestade (1986); Pasa un segredo (Xerais 1989), Premio da Crítica Española; As lúas suburbanas (1991); Adeus norte (1991), Premio Esquío; Luz de mediodía (1995); Persoas de amor (1995); O cazador de libros (1997); Mínima moralidade (1999), Premio González Garcés; Capitán inverno (Xerais 1999); A rocha dos proscritos (2001, e Xerais, 2005, edición na que inclúe o libro O pasaxeiro inmóbil), O xardín do Pasatempo (Tambre, 2008) e Reversos (Xerais 2008). A súa obra poética foi antologada nas obras Ámbito dos pasos (1997) e nunha recente edición publicada polo Premio Esquío (2008). Como ensaísta publicou As bandeiras do corsario (1996). Como narrador deuse a coñececer en 1986 co relato «O retornado», Premio Pedrón de Ouro, ao que seguiron, Catro novelas sentimentais (Xerais 1988); As regras do xogo (1990); Aves de paso (Xerais 1990); «Iluminacións danubianas», relato incluído no volume Caderno de viaxe (Xerais 1989); «Razóns para matar a Martíns», incluído no volume O relato breve. Escolma dunha década (1990); Os leopardos da lúa (1993), novela; Soños eternos (1994), relato e a triloxía das novelas «Vidas de infancia» formada por Os meus ollos (Xerais 2003), Premio Losada Diéguez de creación 2004, Os ollos da ponte (Xerais 2004) e A ponte nos ollos (Xerais 2007). No pasado mes de xullo recibiu o Premio Porto Magno, outorgado polo Real Coro Toxes e Fores de Ferrol, en recoñecemento a súa traxectoria. Logo sairá en Xerais o poemario Reversos de versos de formas clásicas medidas, que escribira durante os últimos meses e que a editorial tiña previsto publicar este mes de outubro.

Certame de poesía e relato

Estamos lendo os traballos presentados ao certame de poesía e relato. Xosé María Álvarez Blázquez foi un bo cultivador do soneto. Entre os alumnos do Francisco Aguiar hai tamén sonetistas.

                                                     BLOG "MULLERES LITERATAS"

O xurado do concurso literario Letras Galegas 2008 formado polos membros do Departamento de lingua galega e literatura decide outorgar por unanimidade, os premios do seguinte xeito:

Modalidade a:

Premio de poesía á composición "Soneto dos namorados" de Anfra.

Mención: "Un tráxico amor" de Bierob 56.

Modalidade b.

Premio de poesía: "A ti culpable do meu xenar" de A velliña vella.

Premio de relato: "O mercader" de Ca.di.

O ano de Xosé María Álvarez Blázquez

A Real Academia Galega acordou dedicar o ano 2008 á figura de Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985). Como investigador da literatura galega recuperou textos importantes do período denominado Séculos Escuros. Foi importantísimo o seu traballo de editor. Do prelo de Monterrey, editorial fundada por el en 1950, saíron títulos como a Égloga de Belmiro e Benigno, atribuída a Nicomedes Pastor Díaz, ou o Entremés famoso sobre a pesca do río Miño, de Gabriel Feijoo de Araujo, primeiro texto dramático que coñecemos, da segunda metade do século XVII.portadaChamado "o señor dos libros" polo seu labor editorial, é ademais un importante poeta. Autor do Cancioneiro de Monfero e de poemas cheos de sensibilidade nos libros Canle Segredo e Roseira do teu mencer.  

 

editorial

portada

As alumnas de literatura do século XX comentaron varios poemas do autor, destacando a "Elexía a unha muller" (Pepa de Cascallar) e o poema "Colorín" dedicado á súa filla.

Pepa de Cascallar, eu ben quixera

agora que xa estás – cinza na cinza –

a descansar para sempre, dar ao mundo

razón cabal de ti.

Lle falarías

daquelas duras mans, rexas gadoupas

para termar do legón e da manceira,

mans de escrava da terra,

non afeitas a máis regalo e minimo

que o dos ubres das vacas… Eu louvaría

aquiles pés ispidos, mouros, fortes,

coma poutas de boi, que agatuñaban

polos montes atal que dous teixugos.

Teus pés de ferro, ai Pepa!

E logo, si tivese a gracia que me falla,

eu faría un retrato verdadeiro

da tua face –que che estou lembrando

ao craro sol do meu ollar de neno!-

Que estrana face a túa, tan laida e tan amiga,

enrugada e escura coma codia de broa!

Aquila face dos olliños pitos,

dos beizos murchos, dos cabelos raros,

dos catro dentes e do narís torto.

Aquila face, a, Pepa!

que á nosa nai lle daba cuasi espanto

e a nós, os nenos, nos aloumiñaba…

Porque eras ti, Quero que agora o saibas,

agora que xa podes escoitarme,

a fala cariñeira do misterio

que enchía os nosos corazóns inxeles.

Cando, á noitiña, viñas ti co leite,

ouveada de cans polos camiños,

xa o sono que nos tiñan derrubados

fuxía, coma o fume do fumeiro.

E ti falabas…

 Ben escoito aínda

o parolar aquil, tan suspirado,

que a nosa nai segía blandamente

co asentimento da fermosa testa.

-Ai, señora, parécelle unha historia!

Non se pode crer…

 

 Pero sabías

que todo acreditábamos os nenos…

 

Pepa de Cascallar, eu ben quixera

pagarche, ao cabo d etan longo tempo,

o falar cantareiro que aínda sinto

cando, ás veces, a vida se me fende,

sin eu pensalo, por mitá do peito!

 

                                   

portada libro

O poema "Colorín" do libro Roseira do te mencer escrito para María Luísa foi comentado por Lucía.

 

Ao ver que non tiñas nome

maxinamos que serías

ventureiriña do monte.

 

Froleciña ventureira

que-ao millor-nasceu co orballo

nunha luzada de estrelas.

 

Como andabamos a rir

-ventureiriña do monte!-

chamámoste <<colorín>>

Distribuir contido