Lingua Galega e Literatura

FRASEOLOXÍA DO GALEGO POR 1º DE ESO

O alumnado de 1º de ESO estivo a realizar un traballo colectivo sobre fraseoloxía do galego. Cada alumna/o explicou unha frase feita do noso idioma ,  buscou unha fotografía adecuada para ilustrar o seu significado figurado e inventou oracións para exemplificar o seu uso.

Roteiro Rosaliano con 3º de ESO

21/03/2023
Etc/GMT+2

O 21 de marzo os grupos de 3º de ESO B e C realizan un roteiro rosaliano, visitando a Casa Museo de Rosalía de Castro e o Museo do Pobo Galego.

 

A Casa de Rosalía - Fundación Rosalía de Castro

Roteiro Rosaliano con 3º de ESO

14/03/2023
Etc/GMT+2

O 14 de marzo os grupos de 3º de ESO A, D e E realizan un roteiro rosaliano, visitando a Casa Museo de Rosalía de Castro e o Museo do Pobo Galego.

A cita repítese para os outros dous grupos de 3º de ESO o día 21 de marzo.

A Casa de Rosalía - Fundación Rosalía de Castro

 

 

"Faíscas de futuro" - Obradoiro de divulgación de Antolín Faraldo

04/10/2022 22:01
06/10/2022 21:59
Etc/GMT+2

No marco do "ano Faraldo", a Normalización Lingüística organiza un obradoiro de divulgación sobre Antolín Faraldo, dirixido aos primeiros de Bacharelato e que se estende ao longo do 5 e 6 de outubro.

Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Aguiar publicou, un ano máis, a súa revista de banda deseñada, Ban-De, dedicada este ano ao debuxante arxentino Quino. 

 

 

SAFARI FOTOPOÉTICO

O alumnado de 3º de ESO, dirixido polo seu profesor J.M. Rey Bao , realizou un safari fotográfico baseado nos poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.   As fotografías xa enchen os corredores do instituto e con elas os versos de Florencio.

  

OBRADOIRO SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 O alumnado de  1º e 2º  de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado. A actividade, a cargo do colectivo   POLO CORREO DO VENTO , está baseada na súa publicación titulada De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán de Lela Edicións. Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía do autor acompañando o seu eno relato  con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas de Florencio Delgado Gurriarán .   

                          

Contacontos sobre Florencio Delgado Gurriarán

23/05/2022 07:35
23/05/2022 12:10
Etc/GMT+2

Polo Correo do Vento tráenos o día 23 de maio o seu contacontos sobre Florencio Delgado Gurriarán. A actividade está dirixida a 1º de ESO e dous grupos de 2º de ESO.

Polo Correo do Vento (@PoloCorreoVento) / Twitter

SAFARI FOTOPOÉTICO. LETRAS GALEGAS 2022

27/04/2022 19:18
Europe/Andorra

 


   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Florencio Delgado Gurriarán.

 

   Rexerase polas seguintes bases:
  • Pode participar todo o alumnado do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  • Safari Fotopoético desenvolverase entre o 25 de abril eo 13 de maio do presente ano 2022.
  • As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  • As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta  pequena escolma de versos de Florencio Delgado Gurriarán. Pode utilizarse unha estrofa completa ou elixir algún(s) versos da mesma.
  • O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  • As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  • O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  • O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  • Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:
    • 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
    • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
    • 20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

Obradoiro de Narrativa en lingua galega (II)

21/04/2022 06:45
21/04/2022 08:25
Etc/GMT+2

O 21 de abril o grupo de E4C asistirá a un obradoiro de narrativa en lingua galega, a cargo da empresa cultural "Apiario".

Distribuir contido