Lingua Galega e Literatura

Venres 10 maio Teatro no liceo para os 4º da ESO: 'Pelos na lingua' de Talía teatro

pelos na lingua

 
 
 

Organizado polo departamento de Normalización lingüística en colaboración co Concello de Betanzos. O alumnado de 4º da ESO asistirá á representación teatral da obra 'Pelos na lingua' de Talía teatro no edificio Liceo de Betanzos. De 12:00 a 13:30.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ángel Arcay Barral e o misterio do parque do Pasatempo

O pasado luns recibimos no centro a Ángel Arcay Barral, respondía á chamada de Elvira Castro e Carmen Suárez de Lingua Castelá e Galega respectivamente que propuxeron ao alumnado de 1º e 2º de ESO a elaboración de relatos curtos de misterio ambientados no parque do Pasatempo.

Como todo bó escritor/a tén que documentarse, Ángel acudiu para axudarnos a comprender a historia e ademáis, deixou unhas 'xoias' para que o alumnado se documente con calma, en forma de conta de Instagram @betanzos800pasatempo e en forma de blog https://pasatempoaguiar.wordpress.com/.

 

Por todo o seu traballo e a extensa labor didáctica que Ángel e a Asociación de Amigos Parque do Pasatempo están a facer na recuperación do parque.

Grazas!

Álbum: Actividades 2018-2019 -> 'O Pasatempo' , charla co historiador Ángel Arcay Barral

Concurso Relato Curto Coca-Cola

O pasado venres 15 de marzo unha pequena expedición de alumnos e alumnas de 2º de ESO do 'Aguiar' desprazouse para asistir ao Concurso de Relato Curto Coca-Cola acompañados de Carme Suárez do Departamento de Lingua Galega e Literatura. Á espera de que o xurado avalíe os traballos, só nos cabe felicitar a todos os participantes seleccionados pois xa son todos uns campións por asistir en calidade de grandes relatistas.

relato curto

Día da poesía: 'Ninguén é poeta' a cargo do grupo Aldaolado para 1º BAC

Luns 18 de Marzo 2019

Celebración do día da poesía cunha actividade organizada por Xan Munín Neira, xefe do Departamento de Normalización Lingüística e profesor de Lingua Galega e Literatura en colaboración co Concello de Betanzos.

De 10:25 a 11:15 no salón de actos para todos os 1ºBAC

A actividade correrá a cargo do grupo Aldaolado  do que vos animamos a ver moitas das súas actuacións que se atopan grabadas en vídeo na plataforma youtube.

día da poesía

Xincana literaria para o alumnado de 1ºA e B da ESO

Xandobela

O martes 26 de febreiro, celebrando aínda que seña algo tarde o día de Rosalía. Organizada polos Departamentos de Normalización Lingüística e Lingua Galega e Literatura a través do Concello de Betanzos.

A actividade desenvolverase no Ximnasio de 9:35 á 10:40 aproximadamente e virá da man do grupo de educación e dinamización sociocultural Xandobela.

Concello de Betanzos

 

 

Encontro coa escritora Andrea Maceiras para os 3º e 2º da ESO

charla Andrea Maceiras

Este vindeiro martes 12 de febreiro pola tarde, de novo a escritora Andrea Maceiras visita o 'Aguiar' para charlar co alumnado da ESO das obras que estiveron a ler. No salón de actos, organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura e nos horarios:

 

3º ESO     de 16:20 a 17:10

2º ESO     de 17:10 a 18:00

 

Espectáculo musical a cargo de Lydia Botana no Fórum Metropolitano para os 1º da ESO

 

Lydia Botana

Martes 20 de Novembro

Organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura para todos os 1º da ESO

 O espectáculo comezará ás 12:00 no Forum Metropolitano da Coruña.

A saída está prevista sobre as 11:00 para chegar ás 13:25.

Teatro Eroski Paraíso da compañía teatral Chévere no centro Ágora da Coruña

Eroski Paraíso

O xoves 18 de outubro, alumnado de 1º de Bacharelato asistirá as 11:00 a representación teatral Eroski Paraíso da compañia Chévere Teatro. Organizado polo Departamento de Galego e o ENDL (equipo de normalización e dinamización lingüística) do centro.


Eroski Paraíso é a primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro.

Eroski Paraíso é un proxecto escénico construído sobre a promesa dun paraíso social feita por un Estado de Benestar que agora se desmorona. O paraíso prometido era en realidade un gran hipermercado. Este é o retrato dunha xeración que tivo todo ao alcance da man e andou pola vida como se andase polo corredor dun supermercado, sometida ás mesmas técnicas de márketing que se usan para influir nas decisións de compra.

'O galego, a miña lingua propia' con Monoulious Dop

 

'O galego, a miña lingua propia'

 

Temos unha lingua que é moi rica e é nosa. Nela pódese facer ciencia, arte, cantar, debuxar e amar. O galego é a nosa lingua propia, un idioma en que se pode facer banda deseñada, rapear, ligar ou viaxar polo mundo enteiro. O galego é a nosa lingua propia e queremos gabarnos dela, porque si, porque nos peta. E temos exemplos abondo nos que nos reflectir!!!!

Potenciar o uso asiduo do galego en todos os ámbitos da vida e afortalar a identidade lingüística da poboación moza, estes son dous dos obxectivos trabe da nova campaña de dinamización lingüística lanzada pola Deputación da Coruña, e que o 24 de maio chega ao IES Francisco Aguiar da man do divertido grupo Monoulious Dop

A presente campaña diríxese á xente nova á que quere ofrecerlle referentes atraentes para ela, por mor da súa actividade pública e que, ademais, sexan ou poidan constituírse tamén en referentes en canto ao uso da lingua e ás actitudes de compromiso cara a ela. Un proxecto ambicioso e ilusionante e que lle trasladará á mocidade o positivo de empregar o galego, en todos os ámbitos da vida como o fan nos seus respectivos as xentes que forman parte do proxecto en primeira persoa, mais abre a participación a todo o persoal técnico, profesorado, e alumnado que participará de xeito activo, aprendendo e gozando con profesionais de ámbitos tan variados como a música, a literatura, as artes plásticas, o audiovisual, a comunicación, o mundo da moda ou a sanidade, todas elas co galego como lingua propia

'O galego, a miña lingua propia' pon en valor que temos un idioma propio, para convencer á mocidade de que o incorpore á súa vida cotiá; tamén busca reafirmar o uso da lingua en mozos e mozas que a usan só nalgúns contextos, crear demanda de falantes de galego, promover a sensibilización idiomática e en definitiva fomentar unha actitude positiva dos e das adolescentes fronte á lingua, gozando con ela de todas as actividades propostas.

 

Coordina e promove no noso Instituto,  O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega

Obradoiro sobre Mª Victoria Moreno. Por Soledad Felloza

O Mércores 23 de maio ás 10,40 o alumnado de 1º da ESO participará no noso Salón de actos nun obradoiro sobre Mª Victoria Moreno.

A actividade está organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que coordina o compañeiro Xan Munín. 

Distribuir contido