#aquítaménsefala
O noso centro participa nesta iniciativa cultural e de dinamización lingüistica, iniciada polo IES Rafael Dieste, xunto con máis de 150 centros de toda Galicia!
Con esta campaña, preténdese rachar cos prexuízos que din que non se fala galego na nosa comunidade.
O alumnado visitou comercios da localidade, que agora amosan con orgullo un cartel como o seguinte:
Probas de acceso a FP
Xa están publicadas as datas para as probas de acceso ao Grao Medio e ao Grao Superior de FP.
Podedes atopar toda a información na páxina https://www.edu.xunta.gal/fp/probas e no Departamento de Orientación.
HORA DE LER
Volvemos ás aulas co afán de recuperar o costume do estudo.
Emular, por que non, a capacidade de concentración da rapazada, congregada arredor dos libros, que tan ben captou Elvira Santiso nesta imaxe.
Sobre a necesaria recuperación da pintora betanceira, escribe a nosa [ex] alumna Sara Fraga Pérez o artigo «Elvira Santiso: una pintora de Betanzos» publicado no último número do Anuario Brigantino.
ENCONTRO CON MARÍA TERESA PERERIO
Visita á exposición de Helmut Newton
O departamento de Plástica organiza unha visita guiada á exposición de Helmut Newton na Coruña para alumnado de 3º da ESO.
Visita á exposición de Helmut Newton
O departamento de Plástica organiza unha visita guiada á exposición de Helmut Newton na Coruña para alumnado de 3º da ESO.
Festival de Nadal - Decembro 2023
Enviado por laurateacher o Sáb, 23/12/2023 - 00:26Un ano máis, as profesoras Elvira Castro e Mª José Pardo, coa inestimable participación e colaboración do alumnado dos cursos da ESO, organizaron un inesquecible Festival de Nadal.
En primeiro lugar, realizouse a entrega de premios dos concursos Sentences from a Book e Christmas Cards.
A continuación, comezaron as actuacións musicais de violín, chelo, guitarra, caixón, frauta, coro, baile... E, como colofón final, un magnífico ballet!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »