Ex....polo mundo adiante: Masiel Veras regreso a NYC con morriña galega en sangue.

Hai só uns días traiamos as pantallas da nosa web noticias de “ex” do Aguiar que este ano andan polo mundo adiante ( Eugenia e Lorena). Recentemente recibimos noticias doutra "ex" moi querida. Foi a auxiliar de conversa nos dous últimos anos no noso instituto, Masiel Veras. Pero deixemos que sexa ela quen nos fale...in English, of course!

 

Good afternoon everyone,

 

 I’m writing to keep you guys updated on my whereabouts after having left my wonderful Galician soil.

First of all, I want to let you know that I miss everyone so much, from the teachers, the administration, the students and even the intense cold that infiltrated my bones in UPOL. Hehehe.

Before leaving Galicia, I was able to enjoy some celebrations such as Arde Lukus and San Xoan. I spent the last few days hanging out with my flatmates and other friends and then I headed down to Madrid. The extreme heat in Madrid, left me so exhausted that all I wanted to do was eat, sleep and shower 2-3 times a day. Afterwards, I took my belongings and headed to Milan, where I stayed with a friend that has been living there for the past year. My friend and I went to the Milano Expo and ate food from a lot of different countries, it was really neat, and ofcourse I gained about 2-3 kilos.  After Milan, I headed to my second to last pit stop, Istanbul. I was there for 5 days and had such an amazing time. I met two Galicians, one from Coruña and the other from Pontevedra, and we spoke about all the wonderful things in Galicia.

Fast forwarding to today, I’ve been in NYC for the last 2.5 months. A month ago, I started working as a Social Worker at a senior center, where I help my clients with benefits and entitlements. I like it but I miss Galicia so much. I guess the saying is true, “Home is where the heart is” and in my case, my heart is divided in two. Half of it is in Galicia and the other half is here in NYC.

I love you all and hope that you have a very prosperous academic year. Happy Halloween!

 

 

Ah, I almost forgot… “In English here! In English!”

Unha romana de NYC en Lucus Augusti                                                                Spanish Rodeo. Yihaaaaaaaaaaa!

               Misterioso oriente. Máxico Istambul

Voltando ás orixes I. Times Square

Voltando ás orixes II. Comida sana e o estadio dos Yankees

Morriña. Vivir na Coruña ¡que bonito é...!

Boas Tardes todos,

 

Os escribo para contarles un poquito de cómo me ha ido este verano después de haber salido de miña terra Galega.

Primero quiero deciros que os echo muchisimo de menos a todos, desde los profes, la administración, los alumnos y hasta el frio que infiltraba mis huesos en UPOL. Jeje.

Antes de marcharme de Galicia, pude disfrutar de algunas festas Galegas, por ejemplo Arde Lukus y San Xoan. Después de pasar los ultimos dias con mis compis de piso y otros amigos, estuve algunos dias en Madrid, pero a causa del calor inmenso de 40 grados, decidi facer nada mas que comer, dormir y ducharme 2-3 veces al dia. Después estuve 10 dias en Milan con una buena amiga que ha estado viviendo alli por un año. Alli fuimos al Expo Milano donde comimos comida de distintos paises y postres ricos, y claro ya he engordado 2-3 kilos. Después de Milan fui a mi antepenúltima parada, Istanbul. Estuve alli por 5 dias y me lo pase genialísimo. Allí conocí a muchísimas personas, de cuales dos de ellos fueron unos gallegos muy amables. La chica era de Coruña y el chico de Pontevedra. Con ellos estuve falando sobre todas las cosas maravillosa de Galicia y fue alli donde empezo la morriña.

Hace 2.5 meses, llegue a mi casita en NYC. Me pase parte del verano cuidando a mis sobrinos y a mi hermano, edades 3, 5 y 8 respectivamente. Hace 1 mes empecé a trabajar en un centro para ancianos como Trabajadora Social, y básicamente ayudo a mis clientes a solicitar beneficios estatales y ayudas públicas. Por ahora me gusta bastante pero… teño Morriña!  Hay una cosa que es cierta, “Home is where the Heart is”, y en mi caso mi corazon esta divido en dos, una mitad en Galicia y la otra aquí en NYC. 

Os quiero bastante y espero que todos estén bien. Aquí os dejo algunas fotitas de mis adventuras. Espero que todos tengan un año escolar muy prospero y feliz. Happy Halloween!

 

 Ah, y para todos los alumnos, casi se me olvida… “In English here! In English!”.

 

Pola nosa parte moitas grazas a Massiel polo seu traballo nestes anos e por seguir gardando un rinconcito do seu corazón para nós.

Que che vaia ben pola túa terra!

 

Hora de Ler. Semana do 13 ao 16 de outubro. (2ª sesión)

Ilustración:Louise Lee

2ª SEMANA [2ª SESIÓN] 

 
Nenos que xogan ao fútbol, nenos que tamén len... Por exemplo, este conto de Manuel Rivas sobre un gol á discriminación ou un conmovedor microrrelato de Arantza Portabales que vai na boa compañía dunha variación moi lograda da nosa alumna Irene García Pizarro.


 

O Aguiar comeza a empregar a aplicación ABALARMÓBIL

 

 
Os pasados días 7 e 8   de outubro tiveron lugar no noso Instituto as reunións entre pais e titores .
 
Nelas dabamos conta do interese do IES Francisco Aguiar por  comezar a utilizar na súa comunicación coas familias  a aplicación AbalarMóbil.
 
Presentamos agora  un breve documento con resposta ás preguntas máis frecuentes das familias para comezar a utilizar a dita aplicación,  e un enlace á guía (máis detallada) para as familias
Que e como?
 
Incidencias-Problemas.Por que?
 

Si. Unha vez finalizado o rexistro no primeiro dispositivo poderá proceder ao rexistro no seguinte dispositivo, utilizando o mesmo número de teléfono.

Por motivos de seguridade solicítase un novo contrasinal que deberá ser diferente aos 5 últimos elixidos, é dicir, se desexa rexistrar máis dun dispositivo, o último contrasinal elixido será o establecido e co que poderá acceder á aplicación desde calquera dos dispositivos.

Se realizou un novo rexistro e aínda conserva activa a sesión dalgún outro dispositivo, deberá volver a identificarse co novo contrasinal.

Listado de centros educativos para os que está en funcionamiento a aplicación abalarMóbil

Ex....polo mundo adiante: Uxía unha lectora de español en Addis Abeba

Como tantas veces ocorre nas nosas vidas son as situacións que vivimos, as circunstancias as que nos empuxan por camiños insospeitados. Este curso no Aguiar dase a circunstancia de que varias persoas que nos acompañaron en anos pasados (profesoras e alumnas)  atópanse moi lonxe vivindo experiencias enriquecedoras para elas.

Dende a nosa páxina ofrecémos a estes ex do Aguiar que enviasen de cando en vez algunhas liñas para coñecer de primeira man as súas andainas e xa estamos en disposición de comezar este intercambio.

 

Comezaremos por Eugenia-Uxía Conde Noguerol. Profesora de Lengua Castellana no Aguiar durante parte do curso 2014-2015,  logo da xubilación de Alicia Requena. Todos recordamos o seu aire xuvenil, a alegría sempre reflexada no seu rostro...

 Se vos preguntades "andandará" , ímosvolo dicir: En Addis Abeba, a capital de Etiopía.

Atopase alí como lectora de español na Universidade . E dende que soubemos no Instituto que iría para alá propuxémoslle facer de reporteira e que nos mantivese informados da súa aventura. Elá aceptou co sorriso que a caracteriza e por iso podemos dar agora conta das súas  andainas.

 Co expresivo nome: "Addistancia: diario dunha lectora de español en Addis Abeba" (enlace) , mantén un blog que nos mantén informados do seu paso por Addis Abeba.

Por ela sabemos dos taxis colectivos nos que se regatea o prezo como medio habitual de transporte, do costume de preguntarse entre compañeiros descoñecidos de viaxe: "Sempre hai alguén que me fala. De onde son? Que fago? Canto tempo levo na cidade? E cando lles conto que dou clases de español sempre mostran interese por apuntarse. Faime moita graza. Eu dígolles que está todo full full. ". Infórmanos  de casas sen cortinas  nin persianas, do extrano nome da moeda local "birrs". Coñecemos que o soldo mensual dun profesor de universidade vén sendo de 250 euros ( o que se considera unha boa remuneración). E sabemos das primeiras experiencias coa comida local:  un restaurante de comida tradicional onde se serve injera e hai música etíope en directo. O sitio recrea as típicas chozas que hai nalgunhas zonas rurais de Etiopía e hai músicos con bailarines que representan distintas danzas tradicionais. Moi divertido, pero a injera é demasiado forte para min. A masa ben, pero os condimentos pican a rabiar. Non entendo como os etíopes poden estar comendo iso todo o día. Cómese coas mans e o bonito é que é un único prato que compartes entre varios comensais. A xente anímase e algunha sae a bailar ao escenario.

Animamos aos seus compañeiros e antigos alumnos a seguir o seu blog  a participar nel , e desexamos para Uxía o mellor seguros de que deixará en tan lonxanas terras unha pegada tan amable como a que nos deixou en Betanzos.

Agardamos vela de novo polo Aguiar

Hora de Ler. 1ª semana 5 a 9 de outubro (1ª sesión)

Ilustración: David Pintor
1ª SEMANA [1ª SESIÓN]

 

   Este luns 5 de outubro, no IES Francisco Aguiar, retomaremos a actividade “Hora de ler” que se vén levando a cabo dende hai varios anos nos grupos da ESO.
   Esta actividade consiste en adicar os quince primeiros minutos da clase, segundo o calendario que estará exposto nas aulas, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén). "Hora de ler" non está dirixido en exclusiva a obras literaria, senón que ten cabida calquera tipo de texto que o profesor considere conveniente.
   Para cantos estean interesados, pais, nais, profesores alumnos ou alumnas... no blog da Biblioteca “Alto Risco” pódese atopar material dixitalizado para a lectura.
   
   Nesta outonal semana as follas das propostas de lectura conteñen dúas narracións: un relato de Yolanda Reyes que suscitará unha chea de reflexións sobre a migración, o éxodo e o exilio e, nun ton moito máis lixeiro, un relato de iniciación de Eduardo Sacheri tomado do seu libro La vida que pensamos. Cuentos de fútbol.
   
   Agradecemos a colaboración de profesorado e alumnado na posta en marcha desta actividade no convencemento de que será beneficiosa na adquisición e mellora da competencia lectora do noso alumnado.

 

O Equipo de Biblioteca.
 
 

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS AGUIAR

Ilustración: Shen Xinggong

  Durante o curso 2013/2014 o IES Francisco Aguiar comezou a feliz aventura dos Clubs de Lectura, unha aventura que o día 20 de marzo de 2014 se extendeu aos adultos que manteñen ou mantiñan algún vínculo co noso Instituto.

Estes días pasados os alumnos recibiron unha carta na que se podía ler que "que a lectura pode ser un axeitado instrumento para ir construíndo sintonía entre os diversos membros da comunidade educativa".

Pode ser que esa carta non chegara aínda ás vosas casas, polo tanto, sirva este recordatorio como invitación.


   O próximo luns 5 de outubro ás 19:00 teremos a primeira reunión, neste xa terceiro curso, do Club de Lectura Adultos Aguiar.

   Outra vez toca agradecer a Carmela González e a Tucho Calvo a súa hospitalidade e afán por dinamizar a vida cultural da nosa vila.


Luns 5 de outubro
19:00 horas
Rúa Santiago, 4



bibliofranciscoaguiar@gmail.com


 



 

Hora de ler. Curso 2015-2016

 

     O vindeiro luns 5 de outubro, no IES Francisco Aguiar,  retomaremos a actividade “Hora de ler” que se vén levando a cabo dende hai varios anos nos grupos da ESO.

 

     Esta actividade consiste en adicar os quince primeiros minutos da clase, segundo o calendario que estará exposto nas aulas, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén).  "Hora de ler" non está dirixido en exclusiva a obras literaria, senón que ten cabida calquera tipo de texto que o profesor considere conveniente.

 

 

      Para cantos estean interesados, pais, nais, profesores alumnos ou alumnas... no blog da Biblioteca “Alto Risco” pódese atopar material dixitalizado para a lectura .

 

 

     Agradecemos a colaboración de profesorado e alumnado na posta en marcha desta actividade no convencemento de que será beneficiosa na adquisición e mellora da competencia lectora do noso alumnado.

 

 

 

 

O Equipo de Biblioteca.

 

 

 

 

 

 

 

Viaxe clásico: Roma. Iniciamos a programación de viaxes culturais no IES Francisco Aguiar.

 

Como cada ano,(dende que o recordado Sebastián Buedo Jimenez (Sebas) e a profesora Rafaela Villalba iniciaran esta fermosa tradición) o Instituto Francisco Aguiar comeza a programación anual de saídas culturais embárcandose nunha viaxe ao mundo clásico.

Malia que nos últimos anos foi Grecia o destino preferido distas viaxes, no presente curso retórnase a mirada cara ao mundo clásico latino cunha visita, entre os días 22 e 29 de setembro, á Cidade Eterna, Roma.

28 rapaces e rapazas de 1º e 2º da Bacharelato, acompañados polas profesoras Rafaela Villalba e Mª José Pereira percorrerán foros e coliseos, galerías e museos, estreitas rúas e avenidas para empaparse de canto transmite esta fermosísima cidade.

 

Desexámoslles unha memorable viaxe.... e agardamos as súas crónicas.

Distribuir contido