Linguas clásicas

XX Festival de teatro Grecolatino en A Coruña para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal, latín de 4º ESO e Cultura Clásica de 3º da ESO

MÉRCORESS 11 DE MARZO 2020

Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal e o alumnado de latín de 4º da ESO,  asistirá en A Coruña a dúas representacións teatrais. Saída ás 11:15 e regreso a Betanzos ás 19:00 

12:00 'Troianas' de Eurípides

Traxedia grega

17:00 'Auluraria' de Plauto

Comedia romana

electra

Imaxes da participación do noso alumnado da olimpiada de traducción de textos clásicos.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Participación na olimpiada de traducción de textos clásicos

XIX Festival de teatro Grecolatino en Lugo para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal.

LUNS 11 DE MARZO 2019

Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal,  asistirá en Lugo a dúas representacións teatrais. Saída sobre as 10:30 e regreso a Betanzos ás 19:30.

12:00 Electra, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

17:00 Gemelos, de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

electra

Teatro "Antígona ante os xuíces" no edificio Liceo de Betanzos

antigona

 

 

 

O vindeiro mércores 19 de Decembro, o alumnado das optativas de Cultura Clásica de 3ºESO, Latín de 4º ESO e 1º e 2º BAC, e Grego de 1º o 2º de BAC asistirán á representación "Antígona ante os xuices" no edificio Liceo de Betanzos. Organizada polos departamentos de Latín e Grego.

Saída do centro ás 10:25

Chegada ao centro ás 11:45

 

XIX Festival de teatro Grecolatino en Lugo para alumnado de BAC de latín, grego e literatura universal.

11/03/2019 09:30
11/03/2019 18:30
Etc/GMT+1

LUNS 11 DE MARZO 2019

Organizado polos Departamentos de Latín e Grego. O alumnado de 1º e 2º de BAC matriculado en latín, grego ou literatura universal,  asistirá en Lugo a dúas representacións teatrais. Saída sobre as 10:30 e regreso a Betanzos ás 19:30.

12:00 Electra, de Eurípides, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

17:00 Gemelos, de Plauto, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)

electra

UNHA BIBLIOTECA "NADA_COMÚN" DEBÍA TER NOME PROPIO

     Para os que convivimos cada día no IES Francisco Aguiar non hai ningunha dúbida...a nosa biblioteca non é "nada_común".

      Insistente, cada semana aliméntanos coas súas propostas de lectura a través do blog e o facebook. Convoca entusiastas lectores xuvenís e adultos nos seus clubes . Polo San Valentín namóranos e invítanos a namorarnos sen importarlle exercer de estafeta postal. Xunto aos libros clásicos, móvense nela con normalidade películas, cómics e albumes ilustrados.... Treme polo Samaín. Fai soar campaniñas polo Nadal. Lánzase cada maio, cámara en ristre, ás rúas de Betanzos no safari fotopoético. Énchese de alumnos e alumnas de segundo de bacharelato aló pola segunda metade de maio... Vella pero nova. Naceu co vello Instituto Laboral, no lonxano 1952, pero día a día amósanos unha saude e vitalidade envidiable.

    Pero a partir das 13.30 hs. do martes 17 de xuño deste 2014 non soamente será unha biblioteca “nada_común”. Contará, tamén, cun nome propio: “Sebastián Buedo Jiménez”.

     Foi Sebas un grande amante dos libros, de todos os libros. Amante da súa profesión e do noso Instituto betanceiro. Queremos, por iso, honrar a súa memoria facendo propio para a nosa Biblioteca o seu nome propio. Unha biblioteca que nos servirá para lembrar a palabra culta, cálida e comprensiva de Sebas sempre disposta a buscar solucións de consenso. Un espazo colectivo, de convivencia e tolerancia. Unha grande fiestra aberta ao mundo, a todos os mundos posibles e im-posibles. Por iso o nome propio lle acae tan oportuno, porque ninguén foi, no Instituto, mellor abandeirado que Sebas dista apertura ao mundo a través das inumerables viaxes e intercambios que organizou: Cracovia, Stuttgart, Londres, Budapest, Sicilia, Atenas, Creta...

A “nada_común” biblioteca do IES Francisco Aguiar ten , dende agora, a honra de levar o nome de “Sebastián Buedo Jiménez”.

Linguas Clásicas

 

 

  

   GREGO

 

   LATÍN

 

 

Distribuir contido