Crónica "cega" do día dos namorados no Aguiar

 

ROMANCE DE CEGO

Eu sonlles un pobre cego

que perdín a miña vista,

mais manteño o meu enxeño

que permite a miña vida.

 

Veñan señores e escoiten,

farei que lles entren ganas;

que eu sei os cantos mellores,

e as historias máis estrañas.

 

O día dos namorados

moitas cartas se mandaron

a rapaces e rapazas,

na biblioteca acabaron.

 

Todos coma tolos ían

correndo a buscar as súas

para ver cantas persoas

lles deixaran a eles unha.

 

Algúns recolleron moitas,

outros poucas cartas tiñan,

a un neno que eu ben coñezo

non houbo quen lle escribira.

 

Coa vergonza que lle deu

correndo fuxiu axiña,

non volveron velo máis

ata á hora da saída.

 

Aos amigos comentaba

que iso todo eran parvadas,

que el era moito máis listo,

non quería trapalladas.

 

Todos che saben ben que iso

é porque ninguén o quere,

pois se non é bon amigo

ben pouco amor nos merece.

 

Pouco a pouco vou chegando

ao final deste cantar

feito polo voso cego

que xa vos ten que deixar.

 

Paula Sánchez Regueiro, Nº 26, 1º C


Do noso blog "Larpeirando Palabras. Blog de Aula de literatura e Lingua galega"