Chegou aos nosos oídos....os negocios de ex alumnos do Ciclo Superior de Comercialización

Chegou aos nosos oídos... que alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Comercialización e Mercadotécnia comezan a abrirse paso cos seus negocios.

Recentemente soubemos de Víctor Benavides, ex do Aguiar, que acaba de abrir unha franquicia na Coruña, na rúa Andrés Gaos 35, dedicada a roupa de home CELOPMAN.

Por certo, que preparando esta noticia atopámonos tamén na festa de inaugación do negocio a outra ex-alumna,  Nuria Edreira López (olládea lucindo amplo e contaxioso sorriso na imaxe da dereita)

Tamén tivemos coñecemento da andaina empresarial de Cristina Fuentes. Fai uns anos afincouse en Monforte de Lemos e alí co seu marido administran o Grupo Bodegueiro "Prior de Pantón".

 Dende a "zona nobre" do IES Francisco Aguiar (polos mal informados chamadas "porquerizas") desexamos o maior dos éxitos comerciais ao alumnado do Ciclo e, nesta ocasión, especialmente a Víctor e Cristina.