Premios a dúas alumnas no Concurso de Relato Curto CocaCola

O pasado venres 22 de maio fíxose entrega en Baiona dos Premios de Relato Curto que cada ano convoca CocaCola ( e no que xa particiPamos con bos resultados noutras edicións).

Acompañadas polas súas familias, e pola nosa compañeira Carme Suárez Moledo,  compareceron dúas alumnas que resultaron premiadas :

1º premio  para Paula Sánchez Regueiro
3º premio  para Violeta Silva Sánchez

 

Temos que recoñecer que a colleita de premios literarios deste ano está a ser especialmente abondosa:

Amador Manuel Torre Amado gaña os premios de relato curto e poesía no concurso Letras Galegas de Miño.

Julia Nieto, Clara Rodríguez e Sara Parga no certame literario convocado polo Concello de Betanzos polas Letras Galegas

Amaia Tomé, premio literario da Fundación Meninos

Violeta Sánchez (1º premio), Julia Nieto Mantiñán (2º premio) e Alberto Gómez Perales (3º premio) coparon os Premios Palacete que convocou o emblemático hotel de Betanzos.

 

Non esquecemos  o premio co que recentemente foi galardoado o profesor Óscar García co seu poema "Ubicuidade e Ucronía".

E mesmo atrevémonos a dar como primicia que está a punto de presentarse un libro  de microrrelatos elaborado por un nutrido grupo de máis de trinta dos nosos alumnos/as e coordenado polo profesor Francisco Rodríguez Coloma e a ex alumna  Raquel Vázquez.

Todo isto levou ao autor destas liñas a recordar o que recentemente declaraba nunha entrevista outro ilustre ex alumno Óscar Loureda, vicerreitor da Universidade de Heidelberg. 

"Algunos profesores se quejan de que los estudiantes leen poco. ¿Está de acuerdo?

-Cualquier estudiante lee continuamente en su teléfono, en su tableta, en la pantalla de su televisión, habría que preguntarse por la calidad de los textos, por la organización de esas fuentes de información, etc. No soy tan pesimista, quizá se lea menos, lo que pasa es que se edita más y se lee de otra manera. Más preocupante es la tendencia, muy notable, a escribir menos.

 

Congrátulemonos daquela !

No Aguiar lemos (véxanse as semanais propostas de Hora de Lectura) e escribimos ( e con bos resultados)

PARABÉNS, PAULA E VIOLETA