Soñan os alumnos e alumnas do Aguiar con robots segueliñas? (preguntounos PH.K Dick)
A mañá do 5 de noviembre comezou cedo para dúas alumnas e un alumno de Bacharelato e un profesor do IES Francisco Aguiar: Gala Sofía(1ºC), Manuel(1ºC) e Icía (2ºA), xunto co profesor Neira. Convocados ás 8.30 na parada fronte ao instituto tomaban autobús de liña rumbo ao Museo Domus de A Coruña.
A OSHWDem 2015 (1) quentaba motores cunha competición de "segue_liñas" para equipos de estudantes de segundo ciclo de ESO e Bacharelato co obxectivo de promover o interese polas tecnoloxías libres e a robótica entre a xuventude galega.
O equipo do "Francisco Aguiar" que participou neste concurso acadou ,finalmente, o segundo posto na categoría libre. Pero o que máis sorprendeu foi o premio especial á máquina mais orixinal. Valoránbase con este recoñecemento dous aspectos: o material de construcción e aspectos da programación. Polo que respecta ao material do que estaba feito o robot, recoñecíase que, a diferencia dos demais (que eran de plastico), a máquina que presentaba o equipo do Aguiar era de madeira (dende a taboa ata as rodas) e realizada artesanalmente con material de reciclaxe. Polo que se refire á programación destacouse que estivese deseñada para que, se saía do circuito, volvese ao mesmo (outro detalle que so usou este grupo).
A sala do concurso chea de xente e de competidores, montones de nervios, un sensor non funciona, o programa non carga, gran calidade nos competidores e algúns fallos na programación do robot na segunda rolda. Finalmente, o equipo do IES Francisco Aguiar pasou á final competindo polo segundo posto e gañando só por un segundo.
En definitiva, unha experiencia incrible.
Crónica de Icía Carro