Saída didáctica ás Illas Cíes ou "cando os do Aguiar foron ao Paradiso" 21.VI.2016

De auténtica invasión podería cualificarse o que ocorrerá o martes 21 de xuño nas Illlas Cíes. Porque perto de 90 (!) dos nosos alumnos e alumnas  de 4º da ESO e 1º BAC visitarán este recuncho marabilloso e precioso da nosa xeografía e patrimonio natural.

Acompañados por cinco profesores e dirixidos por un guía terán a oportunidade de coñecer un medio natural realmente único enmarcado no Parque Natural das Illas Atlánticas: xeoloxía, modelados, fauna e flora para sorprender e admirar. E non menos sorprenderá o achegamento ás illas en barco e o como remate do labor, o baño nunha das praias máis fermosas ( e de auga máis fría) do mundo a de Rodas.

Unha forma ben instrutiva e fermosa de culminar un duro curso!