PREMIO a JOSÉ ÁNGEL VARELA LOBEIRAS NO CONCURSO "COMERCIO CON TALENTO"

Estamos de noraboa pola concesión a José Ángel Varela Lobeiras, alumno do noso Ciclo Superior,  dun dos premios "Comercio con Talento" .

 

Tres alumnos do Ciclo Superior de Xestión de Verndas e Espazos comerciais veñen de participar nun concurso convocado pola Xunta de Galicia, "Comercios con Talento".

Trátase dunha convocatoria no que os participantes tiñan que facer un proxecto para potenciar a innovación no comercio, así como impulsar o emprendemento en materia de comercio entre os xoves. 

 

 Os nosos alumnos tiveron que realizar unha pesquisa pola súa comarca co obxecto de seleccionar un comercio “con talento”.Nas tarefa de búsqueda do “comercio con talento”, os alumnos estiveron baixo a supervisión e control da súa profesora Carmen Mato. Cada alumno tiña, finalmente que elaborar un proxecto sobre o comercio elixido. 

 

Os nosos tres alumnos participantes foron: Astrid Alejandra Funes Palacios, cun proxecto sobro o bar de tapas ONZE(enlace) ;  Carlos Manuel Enriquez Gómez traballou sobrfe o Burguer "La Pepita"(enlace). Finalmente José Ángel Varela Lobeiras resultou premiado co seu proxectyo sobre a Libraría Biblos de Betanzos(enlace)