TECNOLOXÍA ENTRE COSTURAS PARA A MODA DO FUTURO. OBRADOIRO PARA ALUMNADO TIC 1º BAC NA FUNDACIÓN BARRIÉ

Martes 5 de novembro de 2019.

Obradoiro de e-téxtiles na Fundación Barrié dentro das actividades paralelas á exposición do fotógrafo Norman Parkinson.

A actividade combina unha breve visita guiada á exposición (que combina fotografía, moda e historia) e despois unha actividade “de taller” relacionada coas fotografías e ca moda do futuro.

OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

- Coñecemento e análise do traballo do fotógrafo  Norman Parkinson.
- Promover a creatividade e o desenvolvemento do pensamento crítico
- Estimular a capacidade plástica e visual.
- Iniciación aos téxtiles e a electrónica para achegarse ás  STEM/  STEAM
- Fomentar a aprendizaxe transversal, activo e significativo a través da arte
- Potenciar as destrezas comunicativas interpersoais.

OBRADOIROS PARA BACHARELATO

Young Velvets

Nesta actividade o particular estilo de  Norman Parkinson será a fonte de inspiración para que os participantes poidan crear un complemento de roupa interactivo ou  wearable.  Tomando como referencia a obra Young  Velvets, os participantes terán a oportunidade de experimentar con novos materiais tales como fíos de electricidade co fin de explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Así mesmo, entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de, a través da costura, aprender a coser circuítos eléctricos.