Día de Rosalía 2021, recitado de poemas de Rosalía para coñecer e difundir a súa obra. Son Aguiar. Radio na Biblio

Compartimos con todos vós os poemas de Rosalía de Castro recitados por alumnado de 1º BAC e 4º da ESO para conmemorar o seu día, 24 de febreiro.

Grazas aos participantes por prestar voz e sentimento ás palabras da nosa escritora. Grazas por dar voz á nosa lingua e a nosa radio. Grazas tamén a Carme Suárez por esta iniciativa que inclúe 52 poemas dos que non quixo renunciar a ningún, dándolle voz a todo o seu alumnado.

Á pregunta, ''cal foi o recitado que máis che gustou?'', Carme non quixo contestar. Poderías axudarnos ti a decidir cal é o poema máis sentido, a mellor interpretación, ... Envíanos se queres a resposta á nosa conta de correo da biblio.