Xogos de asociación no Camiño de Santiago. Plan Proxecta Aprendo Programando Xacobeo 2021.

xogos asociación

Compartimos convosco o estudo en Scratch que recolle algúns dos Xogos de Asociación para situar imaxes típicas no seu lugar dentro do Camiño de Santiago. Feitos por alumnado de 1º ESO do IES Francisco Aguiar de Betanzos coa profesora Ángela Vázquez dentro do Plan Proxecta Aprendo Programando Xacobeo 2021. Desta volta, para xogar a eles recoméndamovos que, unha vez dentro dos proxectos, premades en ver dentro e logo xoguedes coma forma para asegurar que funcionan correctamente.

Preme na imaxe para acceder ao estudo, e unha vez alí, selecciona o programa para xogar.