Axudas para a adquisición de material escolar

Foi publicada a convocatoria para a solicitude de axudas públicas para a adquisición de material escolar.

O prazo para a presentación remata o mércores 22 de xuño de 2021.

No caso do alumnado que repita 4º de ESO poderá ser presentada a solicitude no prazo de 1 mes dende a formalización da matrícula.

O alumnado que se incorpore ao centro docente procedente de fóra de Galiciaou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Tamén se poden presentar presencialmente no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para máis información, ver documento anexo.

 

AdxuntoTamaño
información axudas libros.pdf47.23 KB