SOFÍA VEIGA: SEGUNDO POSTO NACIONAL NO CONCURSO PARNASO

12/05/2022 14:16
Europe/Andorra

 

 

 

 

O 30 de marzo dábamos conta da seguinte noticia: a alumna de 2º de BAC Sofía Veiga García resultaba ser a gañadora na fase autonómica do Consurso Parnaso de tradución do grego. 

Poucos días antes da visita a Betanzos de Theodor Kallifatides recibimos, con xúbilo, a notificación de que o seu traballo mereceu a segunda posición a nivel nacional.

Na secuencia de fotografías que hoxe publicamos aparecen Sofía e o seu profesor, Francisco Calaza, e Sofía e Theodor Kallifatides.

Nas mans de Sofía un exemplar de Timandra, a última novela, adicada por Theodor Kallifatides con todo o afecto, rebosante de humanidade,  que transmite este exemplar e venerable intelectual humanista.

Non atopamos mellor agasallo para Sofía que unha nova inxección de estímulo intelectual.

Parabéns a Sofía e a nosa felicitación a Francisco Calaza polo seu traballo.