Skip to Content

Visita 360º ás obras de restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo

O pasado mes de outubro o alumnado de EPVA de 1º BAC foi invitado a visitar as obras de restauración do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo en Betanzos. Todo un luxo que hai que difundir e aproveitar. De ahí a coller a cámara 360º do centro e facer un par de contidos interactivos en diferentes plataformas e posibilidades. Comezo con H5P que está integrado dentro das AV Moodle e Edixgal. Para acceder a este contido e navegar por él debes entrar na AV do centro coma convidado. Preme na imaxe para comezar, recoméndovos o modo pantalla completa para navegar polas 4 imaxes 360 interactivas e mesmo responder preguntas ou facer actividades. 




Outra forma pero sen a parte de preguntas interactivas é un contido similar dentro da plataforma Roundme que tanto segue a gustarme e que permite colgar estes contidos de xeito gratuito. A gran vantaxe que lle vexo é a facilidade para cambiar a modo de gafas de VR nesta plataforma, algo que aínda non probei con H5P, e que permite unha experiencia completamente inmersiva.

 
 

 
De calquera das formas, semiinmersiva ou inmersiva, en pantalla ou con gafas, con preguntas interactivas ou só con contido asociado, disfrutade con nós desta visita que temos que agradecer e da que tantas ganas teñen todos os amantes do Parque do Pasatempo en Betanzos. Xa queda menos para volver a disfrutar de paseos por este entorno tan singular.
 
Dende esta páxina expresar o noso agradecemento ao Concello de Betanzos por invitarnos a esta visita e á asociación de amigos do Parque do Pasatempo co seu blogue http://parquepasatiempo.blogspot.com/ pola súa labor divulgativa e cultural.


blog | by Dr. Radut