"Fálame de emigración". Obradoiro da Fundación Abanca

Os pasados días 15 e 16 de marzo tivo lugar como ven sendo habitual desde hai anos o encontro interxeneracional de persoas maiores cunha experiencia vivida na emigración cos nosos alumnos de 4º de ESO. A actividade organizouse por parte das profesoras Uxía Cagiao e Teresa Bellón, en coordinación con Afundación.

Nunha sesión de dúas horas por grupo tres persoas emigradas en Venezuela, Uruguai, Austria e Suiza compartiron miles de vivencias interesantes cos nosos alumnos-as, xerando posteriormente un diálogo interxeneracional. Dentro dun mes repetiremos a experiencia e nela os alumnos-as presentarán unha serie de traballos de investigación no seu entorno máis cercano coa mesma temática para compartir cos maiores os resultados.