Proxecto eTwinning

 

Dez estudantes de 3º da ESO do IES Francisco Aguiar participaron ao longo deste curso, e xunto con outros 118 rapaces e rapazas de Alemaña, Turquía e España (Andalucía), nun proxecto europeo eTwinning chamado “A Collection of Short Stories in English”.


Dirixidos pola súa profesora de inglés, Laura Rodríguez Manso, escribiron pequenos contos en inglés de xeito colaborativo en grupos mixtos internacionais.


O resultado foron 21 historias que foron publicadas nun eBook As tres mellores, votadas por todo o profesorado participante, tamén se poden desfrutar en audio.