Tempo de lectura (I)

Do 7 ao 11 de Novembro de 2011

ler

No noso Instituto imos comezar unha experiencia de "tempo de lectura" no nivel de ESO.

Consiste en adicar 15 minutos ao inicio das clases para que o alumnado poida ler de xeito individual aquilo que desexen. Poden ler os libros de lectura obrigatoria ou calquera outro que elixan. Poden ler libros de ficción, de divulgación, comic, revistas....

A experiencia desenvolverase, inicialmente, durante 6 semanas.

Na primeira semana do 7 ao 11 de novembro, o tempo de lectura terá lugar nos quince primeiros minutos da primeira hora.