Skip to Content

Imaxes do Club de ciencia Novembro. Un obradoiro con moita intelixencia... e tamén con IA

Van unhas poucas imaxes das tardes que pasamos xogando e programando con Intelixencia Artificial e Machine Learning: asistentes virtuais, meteofotoprediccións e camaleóns. Estes exercizos amosáronnos de xeito práctico cómo unha máquina pode chegar a entender a nosa linguaxe natural e mesmo cómo pode aprender o que són as cores a través de fotografías.

Con esta actividade, rexistrada na "Semana da Programación da Unión Europea" CodeweekEU, os participantes do club de ciencia recibiron un certificado que, as profesoras titoras Marta Bellas e Carmen Núñez, amosamos orgullosas.

ccaguiar na codeweekeu

O guión do que fixemos, con algo máis de info por se alguén máis quere bucear podédelo atopar aquí.

Grazas a todos os participantes!!! Vémonos doutra volta!!!Guay

 

Álbum: Club de Ciencia 21-22 -> Novembro: Obradoiro AI


album | by Dr. Radut