Actividades

24 febreiro. Navega con Rumbo

Organizadas polo Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares o martes 24 de febreiro terán lugar dúas sesións de traballo da actividade "Navega con Rumbo" que , nesta ocasión,  coordinará Marisé Fandiño.

Trátase dunha iniciativa para educar no uso de internet insistindo na importancia da seguridade . Está destinada ao alumnado de 1º ESO e terá lugar a 2ªhora con ESO 1º A e D  e  a 4ª hora con ESO 1º B e C.

Pódense ver on line ou descargar as guías deste curso para alumnado, nais e pais e profesorado premendo na imaxe correspondente

Imaxes da charla. Éxito de interese e preguntas dos rapaces e rapazas de 1º. Proposta da poñente para facer extensiva a experiencia aos pais e nais.

19 de marzo. Comezamos co club de lectura de pais e nais

   Por fin chegou o momento.
   O Clube de Lectura de Adultos Aguiar reunirase por vez primeira o    mércores 19 a partir das sete da tarde no salón da acolledora Libraría Biblos Biblos Clube de Lectores .
O obxectivo desta primeira reunión é basicamente coñecernos.
Afortunadamente, os pais e nais sodes maioría. Polo tanto, a vós correspóndevos decidir o rumbo da actividade. Escoitaredes as propostas dos Dinamizadores da Biblioteca, e acordaremos xuntos horas de reunión, e lecturas.
Grazas por participar. Xa contamos as horas que faltan para este día.

LUGAR: Libraría Biblos [ Rúa Santiago, 4 ]

DÍA: Mércores 19 de marzo de 2014.

HORA: A partir das 19:00.

PARTICIPANTES: Os xa inscritos [e os que vos animedes a facelo mesmo alí].

http://100asparavoar.blogspot.com.es/2014/03/primeira-reunion-do-clube-de-lectura-de.html

Distribuir contido