Animación á lectura, Recomendámosche, Os nosos blogs, Blog da Biblioteca "Alto Risco"

HORA DE LER

17/05/2022 08:53
Europe/Andorra

 

Esta semana ilustra o cartel de Hora de Ler a proposta artística de As letras de Florencio, unha adicada ao poeta Florencio Delgado Gurriarán onde o visitante saciará a súa curiosidade e atopará un múltiple mostrario de recursos para achegarse á súa obra.

HORA DE LER

08/05/2022 11:43
Europe/Andorra

 

 

A seriedade e concentración na lectura que amosa a neñina fotografiada por Antoni Arissa é a que precisa o lector das suxestións de lectura desta semana: Theodor Kallifatides e Manuel Rivas, dous autores que coinciden na honestidade creativa, a preocupación social e unha mirada ética sobre as dores que atenazan aos desfavorecidos.

HORA DE LER

01/05/2022 17:10
Europe/Andorra

 

 

 

29ª Semana

[5ª sesión]

A realidade. 

Non hai outra materia da que se alimente a arte. Todas as historias das que fala a literatura están basadas en feitos reais. Agora ben, tanto os camiños da memoria como os da ficción (tamén a autoficción) están cheos de espellos.

Diso son mostra as suxestións de lectura desta semana: un relato de Sandra Cisneros e un fragmento de Madres e hijos, unha narración de Theodor Kallifatides.

SAFARI FOTOPOÉTICO. LETRAS GALEGAS 2022

27/04/2022 19:18
Europe/Andorra

 


   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Florencio Delgado Gurriarán.

 

   Rexerase polas seguintes bases:
  • Pode participar todo o alumnado do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  • Safari Fotopoético desenvolverase entre o 25 de abril eo 13 de maio do presente ano 2022.
  • As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  • As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta  pequena escolma de versos de Florencio Delgado Gurriarán. Pode utilizarse unha estrofa completa ou elixir algún(s) versos da mesma.
  • O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  • As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  • O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  • O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  • Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados conforme aos seguintes criterios:
    • 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
    • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
    • 20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

HORA DE LER

24/04/2022 14:40
Europe/Andorra

28ª Semana

[4ª sesión]

 

Abril, mes dos libros... Unha homenaxe a Miguel de Cervantes.

As propostas de lectura son unha antoloxía de microrrelatos e o primeiro capítulo da primeira gran novela moderna, traducido ao galego por Valentín Arias López.

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER

18/04/2022 15:53
Europe/Andorra

 


 

 

27ª Semana

[3ª sesión]
 
Co rompente do día, a luz ilumina o verdor dos campos.
Flores que asoman tamén entre as follas dos libros que nos levan, da man de Alberto Moravia e Manuel Rivas, ás praias de Torvaianica ou arredor dun vello muíño enrexado en silveiras.

CONCURSO DE ESOPÍAS 2022

08/04/2022 14:21
Europe/Andorra

 

 
   A importante participación e a alta calidade dos traballos presentados ao concurso de esopías deste ano, fixeron que a decisión  fose difícil. Despois dun longo proceso de deliberación, o xurado integrado por varios membros do equipo da Biblioteca, decidiu  as tres persoas gañadoras:
  • Na categoría de Bacharelato, Aroa Blanco Suárez (B2C)
  • Na categoría de 3º e 4º de ESO, Matilda Silva Suárez (E3A)
  • Na categoría de 1º e 2º de ESO,  Juana Barreiro Sánchez (E1A)
Nos próximos días publicaremos unha recopilación dos traballos entregados, na que se poderá ver que no Centro hai un número importante de artistas.
 
AGRADECEMENTOS A TODOS OS PARTICIPANTES E MOITOS PARABÉNS PARA AS GAÑADORAS !

 

HORA DE LER

03/04/2022 15:25
Europe/Andorra

 

 

 

26ª Semana

[2ª sesión]
 
 
Imaxinar un conto no que Jules Renard ou Castelao falaran con ela.  
E si: darlle a benvida á primavera. 
Outra será a historia da cinta vermella que acompaña á trenza á sombra de frondosas árbores.  

HORA DE LER

27/03/2022 18:29
Europe/Andorra

 

25ª Semana

[1ª sesión]
 
Toda a luz que non entra pola fiestra pode chegar das palabras, anxos e rosas, de Medos Romero e Gabriel García Márquez.

 

HORA DE LER, #DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

06/03/2022 15:41
Europe/Andorra

 

 

22ª Semana

[4ª sesión]
 
    Svetlana Aleksiévich, de pai bielorruso e nai ucraína, naceu na Ucraína socialista, aínda que viviu toda a súa vida en Bielorrusia, ata que súa oposición a Alexander Lukashenko motivara o seu exilio en Alemaña. 
   A Asociación mundial de escritores, o Pen Club, ven de publicar unha carta firmada por numerosos autores (entre os que están premios Nobel como Orhan Pamuk e Svetlana Alexievich e escritores como Margaret Atwood, Paul Auster ou Salman Rushdie) na que rexeitan a invasión rusa.
 
   Alexievich é una recoñecida cronista das grandes traxedias del siglo XX.
   Di da súa obra: «Levo toda a vida escribindo un único libro: a crónica ruso-soviética da revolución, o gulag (os campos de concentración en tempos de Stalin), a guerra, Afganistán, a catástrofe de Chernóbil...».
   Nesta semana na que se conmemora o Día Internacional da Muller, engadimos a unha selección da obra de Svetlana Aleksiévich, as propostas de Inma Lópes Silva e as nosas [ex] alumnas Irede Docampo, Julia Nieto Mantiñán, Ana Vázquez, Berta Manteiga e Andrea Solís.
Distribuir contido