Animación á lectura

HORA DE LER

12/10/2021 14:41
Europe/Andorra

 

  3ª SEMANA
 
[3ª SESIÓN]

 

Ler, non cabe a dúbida, e unha actividade perigosa. 

Mesmo permite modificar o noso punto de vista sobre as cousas!

Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron. 

FORMACIÓN DE USUARIOS NA BIBLIOTECA

Esta semana o alumnado de 1º de ESO, novo no instituto, está a recibir por quendas sesións de formación de usuarios, coñecendo a biblioteca do Centro e aprendendo a localizar libros.

HORA DE LER

26/09/2021 11:50
Europe/Andorra

1ª SEMANA

 
[1ª SESIÓN]

 

Poderán os grans de area, agochados aínda nos libros, recordarnos as tardes nas praias do verán.
Agora xa o outono abre os ollos ás lecturas no pupitre das aulas. 
Nesta semana: a historia dunha pulga moi viaxeira e unha selección de microrrelatos de Ana María Matute (traducidos ao galego) do seu libro seminal, Los niños tontos.

HORA DE LER

22/09/2021 16:14
Europe/Andorra

 

 

 

   Incluída no Proxecto lector do Centro, HORA DE LER é unha das actividades pensadas para promocionar o hábito de lectura entre o noso alumnado. 

   Esta actividade consiste en dedicar os quince primeiros minutos das clases do alumnado de ESO, segundo o calendario que será divulgado semanalmente na web do centro, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén). 

   Transmitir o pracer por ler é parte da nosa responsabilidade. Cando lemos con entusiasmo os textos que nos gustan, provocamos interese e transmitimos emoción pola lectura. 

   Na Hora de ler ten cabida calquera tipo de texto (non só os textos literarios) que os docentes considere motivador, interesante, fermoso... 

   A partir da semana vindeira comezaremos a publicar na páxina web do centro (e en Alto Risco , o blog da Biblio) o calendario e as suxestións semanais de lectura. Lecturas, por suposto, abertas a toda a comunidade educativa.

O equipo da biblioteca.

Xela Arias: liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Contacontos ilustrado

12/05/2021 07:35
12/05/2021 09:20
Etc/GMT+2

Para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2021 "Correo polo Vento" (Carlos Taboada e Enrique Mauricio) virán ao instituto para realizar unha actividade de contacontos ilustrado, para os grupos de 1º A e 1º C de ESO.

A actividade quere dar a coñecer a figura da autora homenaxeada e está baseada no libro de Correo polo Vento sobre esta poeta, ilustrado por Tania Solla e editado por Lela Edicións.

Na actividade, Correo Polo Vento narra oralmente a biografía de Xela Arias. A narración acompáñase de música e por medio da ilustración, rematando cun obradoiro de debuxo no que se farán caricaturas da poeta nacida en Sarria.

O contacontos ilustrado divídese en tres bloques e desenvolve unha temática didáctica (neste caso, a vida de Xela Arias) de xeito lúdico.

 

Visita virtual á editorial de poesía "Medulia"

23/03/2021 08:25
23/03/2021 09:15
Etc/GMT+2

O Departamento de Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar organiza para o grupo de 1º D de Bacharelato unha visita virtual á editorial de poesía "Medulia", co obxec tivo de dar a coñercer a forma de traballar dunha editorial de poesía.

MEDULIA, editorial galega, privada e independente, ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que lle confíe o seu manuscrito desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicado, continúa apoiando o seu desenvolvemento e promoción, sempre no propósito de dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia.

 

HORA DE LER

07/02/2021 09:55
Europe/Andorra

 

 

 

O pintor hiperrealista Matthew Grabelsky leva anos pintando óleos nos que metamorfosea os corpos de mulleres e homes co implante da cabeza dun animal. Da serie de cadros inspirada nos lectores do metro de NYC, escollemos a que ilustra o cartel desta semana tan atípica de entroido.

O tenro rapaz (ou rapaz-tenreiro?) non está a ler, como podemos facer nós, a Clarice Lispector,  Xosé Miranda e Antonio Reigosa ou Carlos Casares.

 

***

Entroido, antroido, entroito...    son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
 
   No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas como Don Carnal, un home mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña Cuaresma, muller recta e pura.
   Queres saber de onde xorden estas personaxes?
   
   Para entender a ambos personaxes primeiro hai que coñecer de onde veñen o Carnaval e a Cuaresma. O Carnaval ten a súa orixe no mundo clásico grecorromano, nas festas de saturnalia, en honor ao deus Saturno, ou nas bacanais, en honor ao deus Baco. Nelas dáse renda solta ao exceso e ao desenfreo nos praceres carnales, a gula e a lujuria. En cambio a Cuaresma ten a súa orixe na tradición cristiá. Simboliza a proba bíblica de Jesús de Nazaret ao vivir durante 40 días no deserto. A Igrexa Católica ao longo deses 40 días chama aos seus fieis a un periodo de penitencia, reflexión, ayuno e abstinencia.
   Na Idade Media, a rectitud da relixión cristiá podíase relaxar durante o periodo de "Carnestolendas". Recordemos, como indica Xullo Caro Baroja, que ata o século XVI non se comeza a utilizar o término Carnaval en castelán, posiblemente derivado de "Carnavale" de orixe veneciano. As Carnestolendas comezaban inmediatamente antes que a Cuaresma e esta antes de Semana Santa, que comeza co Domingo de Ramos. Esta data é movible e correspóndense co primeiro domingo logo da primeira lúa chea que aparece a partir do 21 de marzo. Corenta días antes, que corresponde a un mércores, terminaban as Carnestolendas co Mércores de Cinza. Os días previos, luns e martes a moral cristiá deixábase de lado para gozar dos praceres da vida ou realizar actos irracionales como trabucar palabras e colocar utensilios fóra do seu sitio. Polo si ou polo non, para non ser recoñecidos, a xente disfrazábase ou enmascaraba.

 

 

HORA DE LER

10/01/2021 11:38
Europe/Andorra

 

 

 

 

 

13ª Semana 

[1ª Sesión]

 
Chegada (e de que maneira!) xa neve... estando a ler, xelados neste xaneiro, contos de neve, contos da Terra do Caurel: Isaac Bashevis Singer e Ánxel Fole.
 
 

 

HORA DE LER

07/01/2021 15:23
Europe/Andorra

 

 

 

12ª Semana 

[6ª Sesión]

 
Comezando a volta ás aulas detrás da ventá. Ao abrigo. Esperando a neve... 
Lendo os relatos de Ignacio Aldecoa e Ánxel Fole.
 
 
Distribuir contido