Educación Plástica e Visual

Video dos 'Retratos' : Fotografías do alumnado de EPeV de 3º da ESO

Fotografías orixinais do alumnado de 3 ESO coordinador José Manuel Rey Bao. Actividade dentro do Plan Proxecta 'Fotografía en curso'. Enlace á web coas fotografías do alumnado preme aquí.

Video dos 'Espazos Baleiros' : Fotografías do alumnado de EPeV de 3º da ESO #proxectoterra

Fotografías orixinais do alumnado de 3 ESO coordinador José Manuel Rey Bao. Actividade dentro do Plan Proxecta 'Fotografía en curso'. Enlace á web  de ' Fotografía en curso ' coas fotografías do alumnado preme aquí.

Proxecto Terra 'Aguiar' 2019: Dereito ao hábitat. Intervención no corredor dos laboratorios de Bioloxía e Xeoloxía. #Evolución

De novo o alumnado de Educación Plástica e Visual nos volta a sorprender ca súa creatividade e o seu bó facer. Dentro do Proxecto Terra do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), no apartado 'Dereito ao hábitat', o alumnado fixo unha intervención no corredor dos laboratorios de Bioloxía e Xeoloxía consistente nunha recreación da ilustración icónica da evolución en relevo a escala (case) natural. Tamén se incluiron unhas letras B X para simbolizar a Bioloxía e a Xeoloxía, e coma xa fixeran anos anteriores co seu corredor 'xemelgo' dos laboratorios de Física e Química.

evolucion BX

Actividade de fotografía. Saídas de campo cos 3º de ESO

Ao longo desta semana cos 3º da ESO, o departamento de Educación Plástica e Visual, con J.M. Rey Bao ao frente, organiza unha:

actividade foto campo

Video resumo. Intercambio territorial Courel - Ribeira Sacra do Proxecto Terra 2019.

Video resumo de moitas cousas, da beleza singular da paisaxe, do desfrute dos participantes no intercambio, ... dunha experiencia que, sen dúbida é, moito maior do que se pode plasmar nun vídeo. Grazas a todos os que a fixeron posible.

Proxecto Terra: Intercambio territorial Courel/Ribeira Sacra

proxecto terra

Participación do alumnado de Educación Plástica e Visutal nun intercambio territorial no entorno de Quiroga, o Courel e a Ribeira Sacra.

O alumnado pernoctará nun albergue en Quiroga e, visitará diferentes puntos deste singular entorno, recentemente declarado Xeoparque Mundial pola UNESCO.

•Importante: O alumnado debe ir preparado para poder camiñar polo monte.

O proxecto Terra, no que o 'Aguiar' leva anos participando da man de José Manuel Rey Bao, é un proxecto do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria co fin de contribuir a mellorar a formación sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Unha formación que redunde nun incremento no alumnado da súa capacidade crítica e propositiva sobre o noso medio construido para alcanzar unhas mellores condicions de vida.

'Espazos Baleiros' nova proposta fotográfica do alumnado de 3º da ESO

A nova proposta fotográfica do alumnado de 3º da ESO titorado por José Manuel Rey Bao lévanos aos 'Espazos Baleiros'. Estas fotografías, expostas nos taboleiros da planta baixa do edificio principal fronte á sala de profesores, nos levan a ollar lonxe da presencia de persoas, diferentes rúas, prazas e lugares da nosa vila.

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Espazos baleiros

Charla co autor MiguelAnxo Prado para os 3º da ESO

Miguelanxo Prado

O vindeiro luns 14 de xaneiro os Departamentos de Educación Plástica e Visual e Lingua Galega e Literatura organizan unha charla co autor de banda deseñada Miguelanxo Prado. 

De 12:35 a 14:15 horas no salón de actos do IES Francisco Aguiar para os 3º da ESO

Fotografía De Alberto Ramos - CC BY 3.0, Enlace

Exposición dos grabados feitos polo alumnado de 1º da ESO na fundación CIEC

Os pasados 18 e 19 de decembro, o alumnado de 1º da ESO asistiu á fundación CIEC para a realización duns obradoiros de grabado da man de Marta Penalonga Chao, a súa profesora de Educación Plástica e Visual. Agradecer aos profesionais da fundación CIEC toda a súa atención para facer désta unha grata experiencia que nos fixo sentir coma na casa. Descobrimos tamén que para moitos/as dos nosos alumnos/as dábase continuidade a outros obradoiros similares desenvoltos na súa etapa no Vales Villamarín. Foi moi agradable ver coma os monitores se lembraban e valoraban que os alumnos/as xa reflexaban unha evolución á hora de enfrentarse á técnica de grabado á punta seca.

Efectivamente, como poderedes constatar a través das fotografías desta entrada, non podemos menos que felicitar a todos/as artistas e a Marta Penalonga profesora de Educación Plástica e Visual polo seu traballo. Parabéns artistas!

Preme na fotografía e navega cas frechas. Tamén podes atopar o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2018-2019 -> Obradoiros grabado na CIEC
Distribuir contido