Bioloxía e Xeoloxía

Charla sobre transplantes para 1º BAC

 

 

O xoves 18 de decembro o IES Francisco Aguiar retoma unha actividade habitual na programación anual de actividades complementarias e extraescolares. Referímonos á charla coa que a Oficina de Coordenación  de Transplantes do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) busca  concienciarnos sobre a importancia da súa actividade e do noso necesario compromiso. Este actividade foi suxerida por un ex alumno do Aguiar, Alejandro Montero, comprometido profesional e personalmente con esta actividade.

Terá lugar no Salón de Actos entre as 12.35 e as 13.25 hs. e estará dirixida ao alumnado de BAC 1º A e D. Á volta de Nadal serán os grupos B e C os que participarán nunha charla similar .

En vez de clube de poetas mortos... de científicos vivos e coleando

Durante o recreo de Bacharelato do luns 27 de outubro  terá lugar a reunión constituinte do Clube de Ciencia e Natureza do IES Francisco Aguiar.

Esta iniciativa, na que participa profesorado dos departamentos de Ciencias Naturais, Física e Química, foi animada polo profesor Miguel Orosa e acadou un grande eco no alumnado de bacharelato deste ano ( moitos deles participantes no Certame de Vídeos Científico do curso 2013-2014)

Unha xubilación "Hinprebista"

(Como o propio protagonista  quixo reflexar coa retranca que o caracteriza):  O derradeiro venres 10 de outubro,  de xeito totalmente "Hinprebisto",  rematou a súa andaina docente no noso Instituto un dos profesionais de maís raigame no mesmo.

Referímonos ao profe que o ano anterior viaxaba polas beiras do Mandeo co alumnado de primeiro da ESO e que se pode ver, agachado do centro da imaxe,  Gonzalo Tizón.

Desexámoslle o mellor para esta nova etapa vital e agardamos que nos siga recordando e visitando de cando en vez

( e se na visita volve traer unha recendente larpeira será aínda mellor recibido)

Viaxe en barca e visita á Aula da Natureza. Caneiros Chelo

 

Esta xentiña que ollades tan feliz no campo dos Caneiros pousando xunto á mariñera barca que leva por nome "Diana Cazadora", son os alumnos e alumnas de 1º da ESO que visitaron a aula da Natureza do Mandeo e disfrutaron e aprenderon moito do percorrido polo río e dos expertos comentarios do seu profesor Gonzalo Tizón.

As visitas tiveron lugar o 21 e o 29 de maio e pese ao medo que se tiña polo tempo puideronse facer sen maiorss problemas.

Iº Concurso de Vídeo Científico. IES Francisco Aguiar 2014

O xurado formado por Dna. Blanca Bello, D. Oscar García e Dna. Mar Nieves García acordaron seleccionar entre os vídeos presentados ao concurso os nove seguintes, e sometelos para unha votación popular

CLICANDO NA ICONA DA ESQUINA SUPERIOR ESQUERDA (LISTA DE REPRODUCCION) PODERÁS VER O LISTADO DE VÍDEOS SELECCIONADOS

 

AGARDAMOS A TÚA OPINIÓN

 

Observacións de aves no Pazo de Mariñán

O martes 25 de febreiro o intrépido alumnado de 3º D ,desprazarase nas horas da tarde ata o Pazo de Mariñán. Alí , dirixidos polo seu arriscado e aventureiro  profesor  de Ámbito Científico, Emilio Duque,van  participar nunha actividade de observación de  aves.

Agardamos que á volta nos conten a experiencia e traian algunhas fotos da mesma ...e que non lles ocorra como ao neno da imaxe inferior.

"Invasións Biolóxicas" Conferencia de Mª Inmaculada Romero Buján

O luns 10 de febreiro, no marco do programa  "A Ponte" da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar no "Aguiar" unha nova conferencia impartida por unha profesora universitaria.  Nesta ocación contaremos coa presenza de Dna. Mª Inmaculada Romero Buján,  docente no Departamento de Botánica en dita Universidade, que disertará sobre "Invasións Biolóxicas".

A esta conferencia estarán invitados alumnos e alumnas  de 2º BAC da materia Ciencia da Terra e oalumnado de 1º BAC que cursan a materia de bioloxía.  Terá lugar no Salón de Actos do noso Instituto ás 11.45.

O Uso dos Bosques. Conferencia de Dn. Emilio Carral Vilariño

Novamente no marco do Programa "A Ponte" da USC docentes universitarios desprázanse ata o "Aguiar" para impartir docencia.

Nesta ocasión, o Departamento de Ciencias Naturais, Bioloxía e Xeoloxía,  traenos a Dn. Emilio Carral Vilariño, profesor de Bioloxía Celular e Ecoloxía na Escola Politécnica Superior de Lugo.

A súa conferencia versará sobre os "Usos dos Bosques" Terá lugar no Salón de Actos do noso Instituto a partir das 11.45 hs.

SEGUNDA SEMANA DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA

II Semana da Ciencia e a Tecnoloxía

Celebrada do 29 de abril ao 3 de maio de 2013


Por segundo ano consecutivo celebrouse no Instituto esta Semana, coa que se quere fomentar a cultura científica dos nosos alumnos e motivalos na aprendizaxe das ciencias e a tecnoloxía.

Cartel

Esta actividade foi organizada polos profesores Luísa Muíño (Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), colaborando Emilio Duque ( Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) e na elaboración do cartel os alumnos de María del Carmen Núñez Faraldo (Departamento de Tecnoloxía).

Preparamos nas semanas anteriores a alumnos voluntarios que actuaron como monitores e foron os auténticos protagonistas destas xornadas, tanto na realización como na explicación dunha serie de proxectos e experimentos aos compañeiros doutros niveles, facendo que a semana fora amena e educativa á vez. As experiencias resultaron atractivas tanto para os alumnos/as que as realizaron como para os que as recibiron.

Todo este traballo completouse con dúas conferencias. Na primeira, con Paulino Gasalla, responsable do área de Astronomía e Contaminación Lumínica da “Sociedade Galega de Historia Natural” de Ferrol, efectuamos unha imaxinativa viaxe espacial. Saíndo da Terra nunha hipotética nave percorremos o Sistema Solar, visitando todos os planetas, os seus satélites, asteroides, planetoides, cometas, etc, para despois entrar na Vía Láctea onde visitamos estrelas, nebulosas, supernovas, novas, cúmulos abertos, cúmulos pechados, nacemento de estrelas, galaxias satélites, galaxias do Grupo Local, e penetramos no Espazo Profundo, onde atopamos grandes galaxias, choques galácticos, cúmulos de galaxias, cuasares e así ata chegar aos confíns do Universo Coñecido.

Na segunda, Antonio Sanduende Otero, responsable do Departamento de Servizos Enerxéticos na empresa Punto de Solucións de Enxeñería Galega, S.L.L. e Consultor de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética, falou da enerxía solar térmica e fotovoltaica e as súas aplicacións prácticas.


Os proxectos e ensaios realizados podedes velos resumidos brevemente no seguinte arquivo:

Distribuir contido