Ciclo Superior

CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS: DESEÑO E EXECUCIÓN DOS ESCAPARATES ADAPTADOS Á PANDEMIA

Este curso está a ser moi diferente do habitual e obríganos a reinventarnos diariamente. Necesitamos aplicar novos puntos de vista e afrontar resultados descoñecidos, pero non por eso negativos. As crises obríganos a buscar “roteiros alternativos” en lugar de aferrarnos ás formas e solución de sempre, pero esto tamén nos permite abrir novas vías.

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais non pudieron executar as prácticas de Escaparatismo do modo habitual, co deseño, construcción física e exposición dos mesmos; no seu lugar abordaron o deseño e construcción a través de maquetas, das cales podemos ver unha mostra.

 

 

PARABÉNS Ó ALUMNADO DO CICLO XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS QUE INICIADES A ESTADÍA EN EMPRESAS

Non estamos a pasar unha época fácil, pero o voso esforzo e dedicación dou os seus froitos. Nos últimos cursos o voso traballo consistiu en formarvos e agora esperamos que a estadía nas empresas vos ofreza a posibilidade de dar o mellor de vós e adquirir moitas máis habilidades.

Tócavos formar parte da xeración que terá que dar o mellor de sí para saír da situación que estamos a vivir, pero non dubidamos que tamén ides ter moitas oportunidades, aproveitadeas para medrar como profesionais e disfrutade do que fagades no futuro.

Tamén queremos agradecer a colaboración desinteresada e fundamental que ofrecen  as empresas que vos acollen para realizar a vosa Formación en Centros de Traballo, un exemplo de actitude positiva e contribución social. Neste período colaboran con nós:

       
       

 

 

CONFERENCIA “ORBALLO; UNHA FILOSOFÍA EMPRESARIAL”

O 9 de Marzo o alumnado de 1º curso do Ciclo de Xestión de vendas e espazos comerciais desfrutou dunha conferencia a cargo de Óscar Torres, responsable de Comunicación e Marketing da empresa Orballo, unha pequena industria artesanal galega dedicada ó cultivo de plantas aromáticas e té en Galicia.

A través deste coloquio os nosos estudantes aproximáronse á visión da empresa,  destacando a filosofía comercial dunha compañía que promove o cultivo e desenvolvemento de produtos responsables coa terra e os seus habitantes.

O longo da exposición Óscar fixo fincapé na importancia dos valores empresariais compartidos e uns principios claros e definidos para acadar un propósito común, todo isto sustentado nun compromiso co medio ambiente e unha forma de vida máis saudable.

A temática desenvolta permitiu vincular os coñecementos teóricos á realidade profesional actual achegando deste xeito o noso alumnado o mercado de traballo.

Grazas Óscar pola aportación que tanto nos enriqueceu, tanto académica como humanamente.

Conferencia sobre a contorna empresarial Genesal Energy

 

 

O pasado mércores 3 marzo, Ángeles Santos (directora de RR HH de Genesal Energy e xerente da Asociaciónde Empresarios de Bergondo) e Antón Pacín (compoñente do equipo de RR HH da citada empresa) efectuaron un achegamento ó tecido empresarial do contorno ó alumnado de 2º do Ciclo Superior de Xestión de Vendas  e Espazos Comerciais.

A conferencia estruturouse en tres partes, a cada cal de maior interese:

  1. Aproximación ó tecido empresarial do Polígono de Bergondo, abordando os sectores principais ós que pertencen as compañías que forman parte do mesmo.
  2. Presentación de Genesal Energy, empresa do sector secundario altamente especializada na fabricación, instalación e mantemento de xeradores eléctricos.
  3. Por último, ofreceron unha visión do mercado laboral da zona e, sobre todo, das capacidades máis demandadas polas empresas, brindando orientacións importantes para a busca activa de emprego e recursos a utilizar para a mesma.

Desde o CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, moitas grazas por compartir con nós a vosa experiencia e coñecementos.

Conferencia da FUAC. Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

 

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) ten o compromiso de abrir a porta das empresas ós alumnos e alumnas titulados universitarios e de Formación Profesional, para facilitar a súa incorporación ó mundo laboral.

O día 25 de febreiro, Laura Suárez, técnica da área de Emprego da FUAC impartiu unha charla informativa sobre o programa de prácticas que a FUAC ofrece a titulados, na que informou ó alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais das principais características do programa e do procedemento para inscribirse na bolsa de emprego da entidade.

Unha oportunidade máis para os nosos alumnos que están a piques de comezar a súa formación en empresas.

INFORMACIÓN XERAL

Nos seguintes enlaces poderás atopar toda a información referente aos ciclos formativos

FP Ciclos Formativos: Información xeral

CS DE XESTIÓN COMERCIAL E MARKETING

Distribuir contido