Xerais do centro

Actividades feitas no centro

Dous accesits no concurso de carteis de nadal do concello de Betanzos para unha alumna do noso centro.

cartel nadalA nosa alumna Amaia Tomé Tomé de 1º da ESO obtuvo dous accesits no concurso de carteis de nadal organizado polo concello de Betanzos.

Nesta edición do devandito concurso participaron máis de 50 alumnos e alumnos dos colexios Atocha, Vales Villamarín e o IES Francisco Aguiar.

Os traballos participantes nesta edición, unha vez que xa foron examinados polo xurado, permanecerán expostos no edificio Liceo ata o próximo día 15 xaneiro.

Imaxe: Cartel gañador do concurso por Andrea Méndez Castelos, alumna de quinto de Primaria do colexio Vales Villamarín.

Concurso de relato de Nadal

BASES:

1.- Poderán participar todolos alumnos/as do I.E.S.Francisco Aguiar, en tres categorías:

a) 1º ciclo da E.S.O.

b) 3º e 4º da E.S.O.

c) 1º e 2º de Bacharelato

2.- O relato poderá estar escrito en galego , castelán, inglés ou francés.

3.- O motivo será : “O Nadal”

4.-O prazo de entrega será ata o día 12 de decembro. Os relatos irán asinados cun seudónimo . Introduciranse dentro dun sobre no que figurará o seudónimo e  incluiranse nunha ficha os datos  do autor/a. Depositaranse nas conserxerías do Centro.

5.-O xurado estará formado por profesores do grupo de traballo da Biblioteca

6.-O resultado farase público no taboleiro  e na Biblioteca do Instituto.

7.-PREMIO 

Guay¡SORPRESA!Sorprendido    

 

 

 

Exposición "Un futuro para as brañas de Sada"

Do 22 de Novembro ata o 9 de Decembro de 2011

brañas de sadaNo salón de actos do 1º Ciclo, ata o 9 de decembro, permanecerá a exposición "Un futuro para as brañas de Sada". Podedes ir vela.

No concello de Sada (A Coruña) existe un humidal catalogado no Inventario de humidais de Galicia, chamado Brañas de Sada, constituíndo un Espazo Natural relevante dentro as "Mariñas Ártabras".Os humidais posúen un gran valor na conservación de especies e variedades animais e vexetais, e polo tanto representa un activo fundamental para o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade dada a súa importancia e singularidade. Preme na imaxe para acceder a unha galería fotográfica cas especies que podemos atopar neste habitat.

 

 

 

 

ACOLLIDA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DO CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN

26 de Maio de 2011

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA DO CEIP "FRANCISCO VALES VILLAMARÍN" VISITARÁ O NOSO CENTRO SEGUNDO O PLAN DE ACOLLIDA AO NOVO ALUMNADO E VISITARÁN AS INSTALACIÓNS, DEPENDENCIAS E AULAS. (De 10:40 a 11:30)

BENVIDOS E BENVIDAS!

Torneo de xadrez

xadrez nadal 2011

14 de Abril de 2011

Inscripción aberta para todos os alumnos e alumnas do instituto. Torneo de xadrez organizado por Oscar García do Departamento de Lingua Galega. Na imaxe de arriba o torneo celebrado en Nadal deste mesmo ano. E na de abaixo este mesmo torneo. Máis imaxes na Galería Fotográfica do centro.

torneo xadrez letras galegas 2011

Camiñata Ferrol-Pontedeume

caminata

 

12 de Abril de 2011

Caminata Ferrol-Pontedeume, 21 km polo camiño inglés para alumnos de 3º E e  2º da ESO agrupamento específico. Organizada por Constantino Chao do departamento de Lingua Castelá. Saída do Instituto en bus ás 8:45h, regreso ás 18 h.

 

 


Festival de disfraces e Karaoke

entroido

 

4-Marzo-2011

Destinado a alumn@s, profesores e persoal non docente. Gran concurso de disfraces e Karaoke, con interesantes premios para os mellores participantes.

Animádevos a participar!

Xornada de portas abertas para pais e nais do alumnado de 4º de ESO de Abegondo,Bergondo, Miño e Monfero

ies francisco aguiar

 

26-Febreiro-2011

Visita dos pais e nais do alumnado de 4º de ESO dos Centros de Abegondo, Bergondo, Miño e Monfero ás instalacións do instituto. Informarase acerca da oferta educativa do centro.

 

 

 

 

Visita do alumnado de 4º da ESO dos centros de Abegondo, Bergondo e Miño

triptico

O vindeiro día, 24 de Febreiro de 2011, os alumnos dos centros IES de Viós (Abegondo), CPI Cruz do SFar (Bergondo) e CPI Castro Baxoi (Miño) visitarán as instalacións do noso centro. Nelas poderán ver a oferta educativa e as instalacións do centro.

Preme na imaxe para acceder ó tríptico ca oferta de materias nos bacharelatos no IES Francisco Aguiar.  

Distribuir contido