Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, Diver

Concurso Cifras e Letras 2010-11. Gañadores na fase de centro

Esta semana ven de celebrarse a fase final de centro do concurso Cifras e Letras, resultando a seguinte clasificación:

Visita aos Xulgados de Lalín

Alumnos diante dos Xulgados

Os alumnos de Ética e Filosofía do Dereito asistiron o mércores 23 de marzo a varios xuizos celebrados no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 2 de Lalín a fin de coñecer o funcionamento do procedemento xudicial.

3º ESO B e 4º ESO B do IES LAXEIRO participarán no XVIII Rally Matemático sen Fronteiras

Os grupos de 3º ESO B e 4º ESO B do IES LAXEIRO participarán no XVIII Rally Matemático sen Fronteiras.

O Rally celébrase desde 1991 a iniciativa do IREM (Institute pour la Recherche et L'Enseignement des Mathématiques) de Aquitaine. Participan grupos de alumnos de 3º e 4º de ESO de distintas comunidades (Cataluña, Baleares, Aragón, Galicia) e doutros países como Portugal, Andorra e Francia. 

Todas as clases inscritas resolverán o mesmo día, 21 de marzo, e á mesma hora os problemas propostos polo IREM de Toulouse.

Os gañadores de cada unha das zonas participarán na Fase Internacional en Toulouse (maio).

Charlas sobre riscos en Internet

O pasado venres día 25 e o luns 28 de febreiro tiveron lugar no Centro dúas charlas impartidas por persoal da Guardia Civil dentro do Plan Director de convivencia e mellora da seguridade escolar. Neste caso a temática foron os riscos de Internet, e falouse sobre diversos temas relacionados co mal uso da rede e os potenciais perigos que ten. 

Teatro en Santiago - "Les femmes savantes" de Molière - 21 de xaneiro de 2011.

Actividade proveitosa a realizada por un grupo de alumnos de 3º e 4º E.S.O. en Santiago, onde asistimos á representación de Les femmes savantes de Molière.


Disfrutamos da versión actualizada da obra clásica e da posta en escea pola compañía "Bohème Théâtre".


Engadimos unhas fotos do grupo participante en ficheiros adxuntos

VI olimpiada de bioloxía

O pasado día 14 de xaneiro de 2011, desenvolveuse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago a VI edición da Olimpiada de Bioloxía de Galicia. Desde o IES Laxeiro participaron catro alumnas matriculadas na materia de Bioloxía de 2º de bacharelato científico-tecnolóxico: Jennifer Fernández, Carla Riádigos, Irma Riádigos e Janet Rodríguez


Olimpiada de Bioloxía

Visita á exposición: "Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas"

Os alumnos que cursan a materia de Física de 2º de Bacharelato realizaron o venres 21 de xaneiro unha visita á Facultade de Física da Universidade de Santiago para contemplar a exposición “Desentrañando os misterios do Cosmos coa Física de Astropartículas”.

 Alí, nunha visita guiada que durou algo máis dunha hora, profesores da facultade explicaron aos alumnos do IES Laxeiro cales son as principais liñas de investigación que se están desenvolver actualmente para desentrañar os misterios do Cosmos e en cales ten participación directa a Universidade de Santiago, como por exemplo a investigación de raios cósmicos e de neutrinos procedentes do espazo. Tamén visualizaron un vídeo documental sobre un proxecto que se está a desenvolver nun centro detector de raios cósmicos situado na Pampa Arxentina e no que a facultade de Santiago ten participación.

Alumnos do Laxeiro no Ben Falado

No programa Ben Falado da Televisión de Galicia que emitiron o pasado 10 de decembro participaron alumnos e alumnas do IES Laxeiro. As entrevistas que fixeron trataban principalmente das colaboracións na revista do Centro, A Cacharela. Podedes ver o programa directamente dende a páxina web da CRTVG.

Obradoiro de Habilidades Sociais para 1º ESO

O luns 8 de novembro, os grupos de 1º ESO participaron un obradoiro de habilidades sociais impartido por psicopedagogas do Servizo de Drogodependencias do concello. Os temas tratados abranguían a asertividade, importancia de saber dicir que non, técnicas para levalas a cabo.

 

Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego

O pasado xoves día 4 tivo lugar o Día da Ciencia e da Tecnoloxía en galego, xornada de promoción da Ciencia galega e, sobre todo, de reivindicación para que se permita que as materias de matemáticas, física e química e tecnoloxías poidan ser impartidas en galego.

No IES Laxeiro, gracias ao traballo conxunto dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e Tecnoloxía,  organizáronse varias actividades para celebrar esta xornada.

Distribuir contido