Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, Diver

Concurso de ENXEÑO E ENTRETEMENTO MATEMÁTICO

Os alumnos de ESO do IES LAXEIRO Belén Fernández López, Andrés Peña del Rio, Martín Vidal Daparte, Daniel Novegil Fernández, Luis González Mouriño e Juan José Recimil Taboada, participarán no Concurso de ENXEÑO E ENTRETEMENTO MATEMÁTICO que organiza o concello de Santiago  en colaboraciín con AGAPEMA (Asocicaión de Ensinantes de Matemáticas de Galicia).

O concurso, no que participan equipos de 6 alumnos de centros de secundaria, consiste en traballar actividades, maioritariamente manipulativas, de distintas ramas das matemáticas impartidas nos dous ciclos de secundaria obrigatoria. Celebrarase na Praza da Quintana de Santiago o vindeiro día 12 de maio (Día Escolar das Matemáticas).

Catro alumnos de 2º ESO do IES LAXEIRO participan na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

Os alumnos de 2ºESO do noso centro Jorge Brey Fernández, Jorge García García, Marcos Otero Vázquez e Silvia Villanueva Villanueva participaron, o pasado día 16 de abril en Santiago de Compostela, na FASE DE ZONA da XII OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA.

A proba, que organiza a Asociación de Profesores de Matemáticas de Galicia (AGAPEMA), consistíu na resolución individual de cinco problemas, nos que a organización primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc., por enriba da mera solución.

A mesma proba celebrouse á mesma hora en A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Pontevedra e Vigo, coa participación de alumnos de perto dun centenar de institutos galegos.

De todos os participantes na fase de zona, a organización seleccionará a 40 que participarán na FASE FINAL GALEGA o vindeiro dia 14 de maio en Vigo. Os tres participantes con maior destreza na resolución de problemas terán a opción de participar na XXI OLIMPIADA MATEMÁTICA NACIONAL que terá lugar en Baleares a finais de xuño de 2010.

 

O IES Laxeiro gaña o Parlamento Xove

O IES Laxeiro de Lalín gaña a primeira edición do Parlamento Xove
logo de debater sobre o uso das redes sociais no hemiciclo galego

Video do Telexornal da TVG con entrevistas:

http://www.agalega.info/videos/?emi=9960&corte=2010-04-24&hora=15:00:01&canle=tvg1

 

3º ESO B participou no RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 2010

O grupo 3º ESO B do IES LAXEIRO participou no XVII RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS.

O RALLY celébrase desde 1991 a iniciativa do IREM (Institute pour la Recherche et L'Enseignement des Mathématiques) de Aquitaine. Participan grupos de alumnos de 3º e 4º de ESO de distintas comunidades (Cataluña, Baleares, Aragón, Galicia) e doutros países como Portugal, Andorra e Francia. 

Todas as clases inscritas resolveron o mesmo día, 22 de marzo, e á mesma hora os problemas propostos polo IREM de Toulouse.

Os gañadores de cada unha das zonas participarán na Fase Internacional o día 7 de maio en Toulouse.

O IES Laxeiro finalista no Parlamento xove

Un grupo de alumnos do IES Laxeiro formado por Fátima Mosteiro Meijide (2º BAC A), Marcos Vilas Rodríguez (2º BAC A), Lucía Riádigos González (2º BAC B), Roi Gallego Fernández (2º BAC A), María Calviño Rodríguez (2º BAC B), Yolanda Ogando Gordedo (1º BAC B) e coordinado polo profesor Manuel Igrexas, foi un dos oito equipos de toda Galicia clasificados para a fase final da liga de debate Parlamento xove, organizada pola Dirección Xeral da Xuventude e Voluntariado.

 

A fase final consistirá nunha liga de debate entre os oito equipos finalistas que terá lugar no Parlamento de Galicia o 24 de abril.

Concurso de carteis

O pasado 16 de marzo o xurado do Concurso de carteis para o fomento e uso do galego valorou os traballos presentados e acordou outorgar os seguintes premios:

Categoría A: para 1º ciclo da ESO

  • 1º premio, para Estela Fidalgo Garra, de 1º B

O resto dos premios quedaron desertos

Categoría B: para 2º ciclo da ESO

  • 1º premio: Oliva Areán Ínsua, de 4º B
  • 2º premio: Lucía dos Anjos Vázquez, de 3º A
  • 3º premio: David García Ferreiroa, de 4º A
  • 1º accésit: Sara Muñoz Coego, de 3º B
  • 2º accésit: Verónica Presas Riveiro, de 3º A

Podedes ver fotos dos carteis na galería de fotos do Centro.

Viaxes no I.E.S. Laxeiro

Ao longo desta semana tres grupos do IES Laxeiro atópanse realizando diversas viaxes

Un grupo de 3º de ESO participan do 21 ao 27 de marzo no programa do MEC Recuperación
e utilización educativos de pobos abandonados
no pobo oscense de Búbal, nas faldas do Pirineo aragonés.

Por outro lado, alumnos de 1º da ESO gozan dunha semana branca na estación de esquí de S. Isidro, en León entre o 22 e 26 de marzo.

E entre os días 19 e 25 de marzo, os alumnos de 4º de ESO viaxan á Cidade da Luz, París, ademais de visitar os castelos do Loira, Bordeos ou o Guggenheim ao regreso.

Desde alí xa nos enviaron algunhas imaxes, que podedes ver de seguido.

Obradoiro de primeiros auxilios

Onte, mércores 17, os alumnos de ciclos medio de Electricidade e electrónica, Electromecánica de vehículos e de ciclo superior de Mantemento de equipos industriais, participaron nun obradoiros de primeiros auxilios.

O obradoiros foi impartido por profesorado e alumnado do CM de Emerxencias Sanitarias do IES Lamas de Abade de Santiago. Houbo unha parte teórica conxunta no salón de actos e despois, divididos en 3 obradoiros para grupos de 20 alumnos, impartíronse:

-maniobras de RCP

-inmovilización e traslado de feridos

-vendaxes de queimaduras, fracturas e feridas diversas

Dende aquí agradecer a todos polo éxito de participación e aos compañeiros do Lamas de Abade polo seu tempo e atención. Tedes as fotos dos diversos obradoiros na galería de fotos do centro.

Programa Semanas Brancas 2010 na estación de esquí de San Isidro

Alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Laxeiro participarán entre o 22 e o 26 de marzo na estación San Isidro (León), no programa Semanas Brancas. Os escolares conxugarán a práctica do esquí na estación situada na comarca do Alto Porma, no municipio de Puebla de Lillo, con actividades como a práctica de sendeirismo ou a visita á cidade de León.

Fotos de entroido no Laxeiro

Xa podedes ver fotos das actividades celebradas o pasado venres 12 de febreiro para festexar o entroido. Un ano máis houbo un grande nivel de participación e a calidade dos disfraces presentados a concurso foi moi alta.

Acceso á galería de fotos do entroido 2010

Distribuir contido