Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Castelán, Economía, Educación Física, Electricidade, Filosofía, Física e química, FOL, Francés, Galego, Inglés, Linguas clásicas, Mantemento, Matemáticas, Música, Orientación, Plástica e Visual, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e HistoriaProfesorado Inglés
Proba de Competencia Dixital alumnado de 2º Bacharelato e 4º ESO - Curso 2023-2024COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
En base a O alumnado de 2º Bacharelato realizará a proba de 20 minutos sobre cuestións da Área 4 de Seguridade e Privacidade en Internet. O alumnado de 4º ESO, pode realizar a proba de competencia dixital, no mes de maio (pendente de data) para acreditar o NIVEL INTERMEDIO.
» ACTIVIDADES DE ACONDICIONAMENTO FÍSICO CO ALUMNADO GALEGO E RUMANO DO ERASMUS+ "SEEDS" 07/03/2024 17:54
Europe/Madrid
O pasado xoves 29 de febreiro os futuros técnicos de 1º curso do CSAF deseñaron e dirixiron dùas actividades de Fitness para alumnado participante no programa ERASMUS+ SEEDS: Sustainability, Equity and Education for Diverse Students. Durante toda a semana contamos coa visita dunha representación de alumnas/os e profesoras procedentes da cidade rumana de Buzău. Deixamos algúnhas imaxes das actividades realizadas agardando que foran formativas, divertidas e axudaran a concenciar @s participantes da importancia do exercicio físico como hábito de vida. DESPEDIDA DE ANO CON SENDEIRISMO POR MOURISCADE 01/01/2024 16:49
Europe/Madrid
O alumnado de 3º de ESO do IES Laxeiro despediu o trimestre participando nunha ruta de sendeirismo de trazado circular e 8 km de lonxitude que transcorre pola contorna de Mouriscade, seguindo o leito do río Asneiro ao seu paso polas parroquias de Doade e Vilanova. A actividade foi organizada polo alumnado de 2º curso do Ciclo de FP de "Guía no medio natural" do IES Colmeiro de Silleda. Durante a ruta visitamos o Castro de Doade, desfrutamos da decoración de Nadal do núcleo urbano desta parroquia no cal atopamos o museo etnográfico "Casa do Patrón" e pasamos pola aldea dos Muíños e por Vilanova onde fixemos unha parada para repoñer forzas. De volta a área recreativa de Mouriscade os organizadores dispuxeron con cordas distintos elementos de seguridade e pasos elevados que o alumnado do Laxeiro puido coñecer e utilizar. Feliz 2024.
VISITA AO CENTRO DEPORTIVO UNIT365 (MILLADOIRO) DO ALUMNADO DE 1º E 2º DO CSAF 17/11/2023 15:25
Europe/Madrid
O pasado venres 10 de novembro o alumnado do CSAF realizou unha visita de estudios ao centro deportivo UNIT 365, organizada polos departamentos de FOL e EF. O alumnado coñeceu da man de Roi López (ex-alumno do CSAF-IES Laxeiro, técnico de acondicionamento físico no Unit 365) o seu funcionamento, as súas instalacións e vivenciaron distintas actividades de adestramento: Pilates, adestramento en suspensión (TRX) e Ciclo Indoor. Agradecemos aos xerentes de UNIT 365 e a Roi López a boa acollida que nos ofreceron. TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE 25/06/2023 09:01
Europe/Madrid
Deixamos imaxes dalgunhas das novas que incluímos este curso 22/23 no TABLÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE. Sen medo a medrar! "SEN MEDO A MEDRAR" é o proxecto de lexicografía que nace no IES Laxeiro e que medra con CEIP de VIlatuxe, porque o alumnado fixo o _galego medra_ e os falantes son os que o fan posible. Divulguemos estas palabras para ir medrando coa lingua!
Este proxecto foi realizado por: IES Laxeiro ----> Alumnado de 3º ESO C e coordinado por a súa profesora María Begoña González CuñarroCEIP Vicente Arias de la Maza ----> Alumnado de Ed. Infantil e coordinado por a súa profesora María Teresa Aller Alonso
» ACTIVIDADES DO PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA DO IES LAXEIRO 14/06/2023 08:03
Europe/Madrid
AO LONGO DESTE CURSO 22-23 O DEPARTAMENTO DE EF DO IES LAXEIRO DESENVOLVEU DISTINTAS ACTIVIDADES DE FOMENTO DA ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE QUE INTEGRAN O "PROXECTO DE VIDA ACTIVA E DEPORTIVA", PROGRAMA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA ENGLOBADO NO PLAN PROXECTA. DEIXAMOS ALGUNHA MOSTRA GRÁFICA DAQUELAS ACTIVIDADES QUE NON TIVERON UNHA ENTRADA ESPECÍFICA NA WEB DO IES: 1. XOGOS TRADICIONAIS NO IES CON MATERIAL DE REFUGALLO E MATERIAL CREADO POR ARTESÁN LOCAL (LUIS IGLESIAS-LUCHI) 2. XOGOS DE EQUIPO CO ALUMNADO DE INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO 3. RECREOS ACTIVOS: CAMPIONATOS 4. TABLÓN INFORMATIVO AF & SAÚDE & INVESTIGACIÓN Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023. Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto. » ALUMNADO DE 1º DE BAC NO CAMIÑO DE SANTIAGO 08/06/2023 10:32
Europe/Madrid
O alumnado de 1º de BAC ven de completar 2 etapas do Camiño de Santiago, realizando o percorrido entre Vigo e Pontevedra, correspondente ao "Camiño portugués da costa". A 1ª etapa rematou no núcleo urbano de Redondela. O grupo pudo descansar e durmir no pabillón polideportivo desta localidade.
|
Novos números
|