Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Castelán, Economía, Educación Física, Electricidade, Filosofía, Física e química, FOL, Francés, Galego, Inglés, Linguas clásicas, Mantemento, Matemáticas, Música, Orientación, Plástica e Visual, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

Tabla periódica tridimensional terminada.

Este ano terminouse o proxecto da táboa periódica tridimensional. O ano pasado fixemos tres caras: o símbolo, as propiedades e as aplicacións. Este ano completamos con mulleres científicas galegas, e algunha internacional. Na cuarta cara está un código QR en cada científica que vos leva á información que buscastes o ano pasado, e que o departamento de galego axudou a pulir. Moitas gracias a tod@s por participar. Ide a ver como quedou o voso traballo.

 

ROMPECOCOS

Ante a situación de crise ocasionada pola COVID-19,  este curso decidimos facer actividades individuais  en lugar das de grupo coas que traballamos estes últimos anos.
A finais do primeiro trimestre decidimos facer un concurso no que os alumnos deberán resolver retos matemáticos coa finalidade de que  desenvolvan os conceptos aprendidos aplicando razoamentos lóxico-matemáticos, espaciais e lingüísticos; que melloren a capacidade de reflexión, a análise, a exploración de alternativas e a precisión na linguaxe á hora de expoñer conclusións. Parabéns aos gañadores!!!

DÍA DE PI

  Para celebrar o día de PI fixemos  varias actividades con un resultado moi positivo. As actividades mais salientables foron:
•    Unha exposición na que se recollía a evolución do número PI ao longo da historia e as súas aplicacións. 
•     Obtivemos aproximacións ao número PI medindo as lonxitudes de circunferencias que os alumnos debuxaban en folios e dividíndoas entre o diámetro. As lonxitudes das circunferencias medímolas con anacos de lá. Algunhas aproximacións foron realmente boas!
•       O alumnado decorou cifras do 0 ao 9 e logo construímos o número PI sobre as paredes do instituto.
•    Fixemos un concurso de isoPIas no que os alumnos fixeron frases coas cifras do número PI. Parabéns aos gañadores!!!

CLUB DE CIENCIA: ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL"

05/06/2021 16:26
Europe/Madrid

O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.

 

Participamos nos talleres de Galiciencia

O 27 de maio, o alumnado de 4ª ESO realizou o taller "Microbioloxía para entender o mundo" organizado por Galiciencia na súa edición online.

A través de exemplos cotidianos descubriron como a microbioloxía xoga un papel fundamental tanto na nosa saúde como no noso día a día. Entre outras actividades simularon o mecanismo de funcionamento da reacción en cadea da polimerasa (PCR) para comprender como se pode empregar no diagnóstico de enfermidades.
 
Actualidade e Ciencia!
 
 

PINTURA “A PLEIN AIR”

O venres día 28 de maio, o alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato, experimentou a sensación da pintura ao aire libre, como os Impresionistas do século XIX. O sol, o vento, os tonos de cor son distintos pintando o aire libre e os resultados e as sensacións son espectaculares.

 

Aquí vos deixo o resultado en fotografías.


 

Musiqueando no Laxeiro

A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do IES Laxeiro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro.

Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración.

INICIACIÓN A RUGBY CO "CLUB RUGBY CORETI LALÍN"

24/05/2021
Europe/Madrid

O pasado xoves alumnado de 1º de BAC adicou a sesión de EF a disfrutar do Rugby das mans de adestradores e adestradoras do club Rugby Coreti Lalín. Este luns tamén poderá facelo o alumnado de 1º de ESO. Agardamos disfruten da actividade e se animen a probar este deporte de equipo, no que ademais dunha boa condición física e técnica, son fundamentais os valores de repecto e traballo colectivo.  

Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.

Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.

Acceder ao documento --> estudio científico

 

Seguridade nas aulas en tempos de COVID.

O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estadístico para contrastar se co protocolo establecido a media de COen aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto as características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2.

Documento adxunto ---> Seguridade nas aulas en tempos de COVID .pdf

 

Distribuir contido