Administrativo, Automoción, Bioloxía e Xeoloxía, Castelán, Economía, Educación Física, Electricidade, Filosofía, Física e química, FOL, Francés, Galego, Inglés, Linguas clásicas, Mantemento, Matemáticas, Música, Orientación, Plástica e Visual, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

PRIMEIROS AUXILIOS NO CEIP MANUEL RIVERO CO ALUMNADO DE 1º DO CSAF

31/05/2023 14:50
Europe/Madrid

Este mércores 31 de maio o alumnado de 1º curso do CSAF compartiu os seus coñecementos nas técnicas de SVB (soporte vital básico) co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Rivero.

 

FORMACIÓN PARA DOCENTES E ALUMNADO DO CSAF CON DOMINGO SÁNCHEZ "PATRÓNS DE MOVEMENTO: MOBILIDADE E ESTABILIDADE"

22/03/2023 14:56
Europe/Madrid

O pasado venres 17 de marzo, aproveitando a estadía de Domingo Sánchez como poñente nun curso con docentes do IES Laxeiro e do CIFP Bouza Brey de Vilagarcía, realizamos unha actividade formativa co alumnado de 2º curso do CSAF. Ao longo da mañá Domingo explicou a importancia do coñecemento das bases anatómicas e mecánicas do movemento no deseño de exercicios de estabilidade e mobilidade orientados a unha condición física saudable. A sesión se acompañou dunha aplicación práctica, con exercicios orientados a utilización de movementos amplos, seguros e o desenvolvemento da musculatura estabilizadora.  

EXERCICIO FÍSICO DESDE O CSAF PARA ALUMNADO DO LAXEIRO, AMSTERDAM E CERDEÑA. ERASMUS+ STASIETE

10/03/2023 22:22
Europe/Madrid

Dentro do amplo programa de eventos organizados co motivo da visita de alumnado e profesorado de Amsterdam e Cerdeña, correspondente ao proxecto STASIETE - ERASMUS + e centrado no desenvolvemento de hábitos de vida saudabeis, o alumnado de 2º curso do CSAF organizou dúas actividades dirixidas de acondicionamento físico con base musical. Esperamos que tanto o alumnado de 1º de BAC do Laxeiro como os nosos convidados teñan desfrutado e aproveitado a ocasión para fortalecer eses lazos de amizade e aprendizaxe mutua que veñen desenvolvendo con este proxecto educativo.

 

Primer Taller de Robótica e Programación como iniciativa de Polos Creativos, co alumnado do Intercambio de Lalinde

Taller de Robótica e ProgramaciónXa inauguramos a Dotación de Polos Creativos do noso Centro! De feito realizouse un Taller de Robótica e Programación que tíñamos no Programa de Actividades do Intercambio estudiantil cos alumnos do Collège Jean Monet, da localidade francesa de Lalinde.

Podemos decir que lles gustou traballar por parellas, práctica a modo bricolaje, resultándolles divertido e interesante. En canto ao entorno de programación resultoulles un pouco difícil.
Evidentemente,  tamén foron capaces de resolver pequenas incidencias non só constructivas dos Robots coma na súa Programación "… ir hacia atrás cando tiñan que hacia adiante…" son cousiñas do directo!

Queda a evidencia recollida na prensa no Faro de Vigo [03/03/2023] ---> Fai Click

 

 Fotografía de: Estudiantes franceses amplían el alumnado del Laxeiro | BERNABÉ/JAVIER LALÍN

CONFERERENCIA E SESIÓN PRÁCTICA: "AS NOVAS TECNOLOXÍAS NA VALORACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA"

26/02/2023 12:20
Europe/Madrid

O pasado venres 24 o alumnado de 1º curso do CSAF rematou cunha sesión práctica a actividade formativa "Novas tecnoloxías na valoración da condición física" impartida por Alberto Mouriño (centro MOVE), graduado en Ciencias da Actividade Física e Deporte e investigador (Universidade de Vigo) no ámbito do exercicio físico, saúde e rendemento motor. 

A actividade desenvolveuse cunha conferencia inicial e unha sesión práctica posterior na que o alumnado puido comprobar o funcionamento e aplicación de distintos recursos tecnolóxicos na valoración da CF dos usuarios dun servizo de acondicionamento físico: dinamómetro, acelerómetro, plataforma de contacto para saltos e dispositivos de células foto eléctricas.

Desde o departamento agradecemos a Alberto Mouriño a súa colaboración, que terá continuidade coa incorporación ó centro MOVE de varios alumnos de 2º nas prácticas do módulo de FCT.    

Coñecendo ás Detectives do Cancro

Clotilde Costa Nogueira - Científica ASEICACon motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do noso IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’.

A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Clotilde Costa Nogueira. Clotilde reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia, e que seguen a ter, para que sexan recoñecidos os seus méritos e cheguen a ocupar postos de maior relevancia no mundo da ciencia. Compartiu a experiencia e traxectoria como científica dende a súa Moaña natal para rematar explicando en que centra actualmente a súa investigación en Santiago de Compostela, a biopsia líquida.

Clotilde transmitiu optimismo e animou ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola ciencia. 

Soña, atrévete!

CONFERENCIA NO CSAF SOBRE REGULACIÓN LABORAL NOS SERVIZOS DE SALVAMENTO E SOCORRISMO

08/02/2023 16:38
Europe/Madrid

Este venres 3 o alumnado de 1º e 2º curso do CSAF asistiu a unha charla informativa organizada pola empresa "SALVAR, FORMAR Y SOCORRER, SL" para informar sobre a situación do marco lexislativo actual no ámbito dos servizos de salvamento e socorrismo acuático, tanto en piscinas como en espazos naturais. O noso alumando foi coñecedor das posibilidades que lles presenta este sector ao finalizar o ciclo ou ter algúns dos seus módulos cursados. A empresa organizadora xestiona na actualidade os servizos de salvamento e socorrismo dos concellos de Vigo e Sanxenxo, entre outros, cunha alta demanda de persoal cualificado para os 3 meses de verán, nunhas condicións laborais e uns requeitios de formación que foron explicados na charla. Desde o departamento de EF agradecemos o interese por manter informado ao noso alumnado e presentarlle unha posibilidade de desenvolvemento profesional.   

CONFERENCIA NO CSAF SOBRE "ACONDICIONAMENTO FÍSICO NOS DEPORTES DE EQUIPO"

29/01/2023 10:50
Europe/Madrid

O pasado venres 27 celebrouse na aula de 2º do CSAF do LALIN ARENA unha conferencia a cargo de Pedro Vicente Vila, catedrático de EF e profesor asociado da Universidade de Vigo no grao de CCAFD. A temática abordada foi a programación e deseño do adestramento de Forza en Amplitude de Movemento nos deportes de equipo. O alumnado de 2º do CSAF foi partícipe da experiencia profesional de Pedro Vicente como preparador físico durante 9 anos na modalidade de Fútbol Sala en equipos de nivel profesional. Agradecemos desde o departamento de EF a implicación e traballo do ponente e do alumnado nesta actividade.

CAMPO A TRAVÉS - DEPORTE ESCOLAR

16/01/2023 12:43
Europe/Madrid

ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DA ESO DO IES LAXEIRO PARTICIPOU ESTE VENRES DÍA 13 NA XORNADA LOCAL DE CAMPO A TRÁVES QUE SE DESENVOLVEU NO RECINTO FERIAL DE SILLEDA. ESPERAMOS QUE PODA SERVIR DE ESTÍMULO PARA QUE O NOSO ALUMNADO SE ANIME Á PRACTICA DO ATLETISMO OU CALQUERA OUTRA MODALIDADE QUE LLE PERMITA LEVAR UN ESTILO DE VIDA ACTICO E SAUDABLE. 

Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento

 

Visita a Sotavento 2023O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial, participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.

 

 Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.

 

Distribuir contido