O Losada recibe a concesión da Carta Erasmus (2021-2027)

 
A Comisión Europea concedeu ao IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez a Carta Erasmus de Educación Superior 2021-2027 
 
A Carta Erasmus, ECHE, é un documento previo á solicitude de proxectos, obrigatorio para as institucións que participen en calquera programa europeo de educación superior, e permite a participación en programas de mobilidade por motivos de aprendizaxe e cooperación  para a innovación e intercambio de boas prácticas. Unha vez obtida, esta certificación ten validez para todo o período do programa Erasmus + (2021-2027). Ao centro xa lle fora concedida no anterior período (2014-2021)
 

ARREDOR DO DÍA DA MULLER NO LOSADA

AS MULLERES TAMÉN EMIGRAN NO CORREDOR DE EXPOSICIÓNS DO LOSADA

Xa está instalada no noso corredor unha nova mostra. Trátase da completa exposición: AS MULLERES NON EMIGRAN, da Fundación 10 de marzo. En 18 paneis faise un percorrido cronolóxico polas migracións femininas en Galicia no transcurso do século XX: América, Europa e inmigración. Trátase dunha iniciativa do Departamento de Xeografía e Historia e da Biblioteca.

 

ACTIVIDADES FORMATIVAS DIRIXIDAS A PERSOAS DESEMPREGADAS NO LOSADA.

Entre os próximos meses de marzo e xullo, serán impartidos Losada Diéguez dous cursos de formación para o emprego (AFD), destinados preferentemente a persoas desempregadas.

Estes cursos serán os seguintes:

TRABALLOS DE CARPINTARÍA E MOBLE (378 horas)

Do 22/03/2021 a 09/07/2021.

Este curso inclúe un módulo Básico de prevención de riscos laborais de 60 horas.

A proba de selección será o 17/03/2021 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Información completa sobre o curso AQUÍ

 

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO EN ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS (328 horas)

Do 06/04/2021 a 08/07/2021

A proba de selección será o 24/03/2021 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Información completa sobre o curso AQUÍ

 

As persoas que completen satisfactoriamente estes cursos obterán un CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE, que lle permite a súa inserción no mundo laboral nos sectores sobre os que tratan os cursos.Ademais, o alumnado disporá de bolsas e axudas reguladas pola correspondente convocatoria.

COMEDOR ESCOLAR ALUMNADO DE SECUNDARIA

Dende FESANPAS, a Federación Estradense de ANPAS púxose en funcionamento no curso 2019/2020 un servicio de comedor escolar para o alumnado dos 3 IES da Estrada. Esta iniciativa pioneira en Galicia paralizouse co inicio do Estado de Alarma do pasado mes de marzo. Durante este curso 2020/2021

FESANPAS é coñecedora de que existen familias que demandan a implantación de novo dunha opción de comedor. No día de hoxe dende FESANPAS queren informar quen teña interese neste servizo dispón dunha nova opción, podendo comer no comedor da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), estando as súas instalacións a poucos minutos de distancia dos 3 IES. O alumnado que sexa soci@ da Anpa do centro no cal están matriculados disporá dun desconto no servizo de comedor. Non esperes máis, asóciate á Anpa do teu centro. Se estás interesad@ en usar este servizo de comedor contacta. Podes enviar unha mensaxe á dirección comedoragasp@fesanpas.org ou chamar ao número 986572792.

 

DÍA DE ROSALÍA 2021 NO LOSADA

Un ano máis a comunidade educativa do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez celebrou o 24 de febreiro como día de Rosalía de Castro. Aí queda o vídeo elaborado polo EDLG Losada respondendo á convocatoria da Asoaciación de escritores e escritoras galegas. Unha coreografía para Rosalía:

Podes consultar máis actividades no blog do EDLG Losada, picando NESTE ENLACE

 


 

CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS MEDIOS E SUPERIORES

A Consellería de Educación ven de publicar as NOVAS DATAS PARA A CELEBRACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR. CONVOCATORIA 2021.

Pode consultarse toda a información NESTE ENLACE

 

COLABORACIÓN DA FP DUAL DO LOSADA COA ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

O alumnado do CM de Instalación e Amoblamento (FP Dual) que se imparte no IES Antón Losada Diéguez participou no proxecto de deseño e realización de amoblamento para a Escola de Educación Infantil A Galiña Azul da Estrada. Este é o resultado:

 

INTENSA ACTIVIDADE NOS CLUBS DE LECTURA DO LOSADA

Como tantas outras cousas este complicado curso, os Clubs de Lectura da Biblioteca do Losada son diferentes, como se ve na imaxe. A pesar diso, moita actividade, moita intensidade e moita participación.

Máis información no blog da Biblioteca:

CLUBS DE LECTURA 1º TRIMESTRE

 

NOVA EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 4º ESO

Na nosa particular sala de exposicións loce unha nova mostra das habilidades do alumnado de 4º ESO. Trátase dun conxunto de versións de grandes clásicos da pintura e do deseño universal. Como non podía ser doutro xeito, a iniciativa foi secundada coas visistas da comunidade educativa. Parabéns polo traballo.

INICIO DAS CLASES NO MÓDULO 4 DO ENSINO DE PERSOAS ADULTAS

O vindeiro luns, 8 de febreiro darán comezo as clases do MÓDULO 4 da ESA (Ensinanzas de Persoas Adultas) no  IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

A matrícula para o Módulo está aberta e debe realizarse na Secretaría.