PRESÉNTASE "RADIO XOVEN" A RADIO DA FP BÁSICA DO LOSADA

Xa está nas ondas o primeiro programa da "Radio Xoven" do alumnado da FPB do Losada. Trátase do realizado polos rapaces e rapazas do primeiro curso do ciclo básico de carpintaría e moble que publican un interesante percorrido con entrevistas e contidos amenos polos estudos da familia profesional que se ofrecen no centro. Aí deixamos o mesmo, que se realizou no ámbito da materia de Comunicación e sociedade, co profe Esteban e coa colaboración de Pablo Chichas, que está a facer as prácticas de mestrado no centro. Parabéns  pola iniciativa! Escóitao:

NOVIDADE!!! PODES ESCOITAR TODOS OS PROGRAMAS REALIZADOS PICANDO AQUÍ

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS PARA BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL

Esta aberto o prazo para a solicitude de bolsas de estudos para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO OU CICLOS FORMATIVOS MEDIOS E SUPERIORES.

O prazo de solicitude remata o 12 de maio. Debe facerse a solicitude obrigatoriamente neste período, aínda que non se abrise o prazo de matrícula nos estudos que se pense realizar.

A convocatoria publicada no BOE pode consultarse AQUÍ

Poden consultarse os requisitos AQUÍ

A solicitude debe facerse de xeito virtual na páxina web do Ministerio de Educación

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Está aberto o prazo de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023. O procedemento é o seguinte:

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 21 de marzo.

  • Solicitudes:
    • A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto  coa documentación que se indica máis abaixo.

    • En Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.

    • No centro. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo no instituto xunto coa documentación que se indica a seguir.

  • Documentación que se debe achegar:
    • Fotocopia do DNI ou do libro de familia (páxina na que figure o alumno que solicita praza).

    • Certificado do expediente académico, expedido polo centro no que está actualmente matriculado/a o alumno/a que solicita praza.

    • De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 


 

DÍA DA MULLER NO LOSADA. EXPOSICIÓN MULLERES VALENTES

Inaugúrase no Losada unha selección de 20 traballos pertencentes a Exposición MULLERES VALENTES da autoría da deseñadora estradense Rosa de Cabanas. Esta actividade inclúsese dentro da celebración do Día da Muller no centro. A mostra encóntrase no corredor da biblioteca e estará aberta ata o 25 de marzo.

Podes consultar máis info no Blog da Biblioteca.

 

ACTIVIDADES NO LOSADA

O EDLG e a Biblioteca levaron adiante unha serie de actividades nestas últimas semanas.

Destacamos entre elas a acollida da exposición sobre os petróglifos de Galicia centrado no sobre o legado do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, que estivo no centro durante as dúas últimas semanas. Como remate da mesma tivemos unha magnífica charla de representantes do Colectivo A Rula, promotor da mostra, destinada a alumnado de Bacharelato. Podes ver máis imaxes e información no BLOG DA BIBLIOTECA.

Por outra banda, entregáronse os premios do concurso dedicado á figura de Castelao, que tivo unha importante participación. Tamén se poden ver máis imaxes e consultar máis información no BLOG DA BIBLIO.

 


 

CURSOS FORMATIVOS DIRIXIDOS A PERSOAS DESEMPREGADAS NO LOSADA.

Entre os próximos meses de marzo e xuño, serán impartidos no IES Antón Losada Diéguez dous cursos de formación para o emprego (AFD).

Estes estarán destinados preferentemente a persoas desempregadas.

Estes cursos serán os seguintes:

TRABALLOS DE CARPINTARÍA E MOBLE (378 horas)

Do 14/03/2022 a 30/06/2022.

Este curso inclúe un módulo Básico de prevención de riscos laborais de 60 horas.

A proba de selección será o 09/03/2022 ás 10:00 horas no IES  Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

Información completa sobre o curso AQUÍ

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO EN ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS (328 horas)

Do 16/03/2022 a 22/06/2022

A proba de selección será o 10/03/2022 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Información completa sobre o curso AQUÍ

As persoas que superen satisfactoriamente estes cursos obterán un CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE, que permite a inserción no mundo laboral, nos sectores sobre os que tratan os cursos.

Ademais o alumnado disporá de bolsas e axudas reguladas pola correspondente convocatoria.

A EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR" NO LOSADA DIÉGUEZ

Dentro do Plan Proxecta 365 días pola igualdade, o corredor da Biblioteca do Losada acolle a mostra de creacións plásticas CARTAS DE AMOR.

Podes consultar máis información e ver máis imaxes NESTE ENLACE.

No blog da Biblioteca tamén tes máis información sobre outras actividades do proxecto: AQUÍ

NOVO EDIFICIO PARA OS TALLERES E AULAS DOS CICLOS DE MADEIRA

O pasado martes foi presentado no noso IES o proxecto para o novo edificio que albergará os talleres e aulas dos ciclos formativos da familia de madeira. Despois de moitos anos, dáse o primeiro paso para acadar nun breve espazo de tempo a mellora das condicións materiais para o desenvolvemento das clases e das prácticas do alumnado e profesorado dos ciclos de madeira. 

 Noticia no Portal Educativo da Consellería de Educación:

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou un investimento de 2M€ para ampliar o instituto IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, na Estrada. Unha actuación que, tal e como explicou, “dá resposta a unha vella demanda do centro” e permitirá contar cos espazos necesarios para o axeitado desenvolvemento dos ciclos de Madeira, Moble e Cortiza.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada colaboran desde hai anos, de tal forma que parte da formación destes ciclos se viña desenvolvendo nas instalacións desta Fundación ata o ano pasado. A este respecto, o conselleiro sinalou que a reforma dos talleres realizada recentemente e esta ampliación van permitir que o alumnado de Formación Profesional dispoña dos espazos necesarios para completar a súa formación no propio instituto, o que supón un salto de calidade moi importante, ademais de dar resposta a unha demanda histórica do centro.

A este respecto reafirmou o compromiso do Goberno galego coa FP e, especialmente, coa súa conexión co entorno. Neste sentido, afirmou que os ciclos da familia profesional da Madeira son “tremendamente importantes na Estrada, xa que están moi vencellados coa economía local e a estrutura produtiva local” e destacou a súa capacidade para formar profesionais “que doten de capacidade de innovación e de medrar ás empresas do sector do moble”. “Isto é bo para alumno, para os sectores produtivos e para o territorio onde se ubica a FP”, destacou.

O proxecto está nestes momentos en fase de redacción. A previsión é licitalo en abril e adxudicar as obras, que terían un prazo de execución de arredor de seis meses, durante o verán de 2022. “O obxectivo é poder empezar a empregalo en 2023”, indicou Román Rodríguez.

Novo edificio

A ampliación do centro realizarase mediante a construción dun edificio destinado a taller para os devanditos ciclos. A nova edificación situarase nunha das pistas deportivas existentes, fronte ao edificio do ximnasio, e será “un edificio onde a madeira vai estar moi presente en cuestión estruturais”, explicou o conselleiro, así como “adaptado ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica”.

Contará cunha superficie útil de 1.270 m², que se distribuirán en dous andares. Na planta baixa situaranse as aulas polivalente e técnica, os vestiarios e o cuarto de limpeza e instalacións. Na alta, o almacén, a sala de profesores e os talleres de Carpintería e moble, de Mecanizado, e de Montaxe, Instalación e acabamento

Esta actuación súmase á reforma dos talleres para estes ciclos acometida no instituto Antón Losada Diéguez no ano 2020, que supuxo un investimento de máis de 220.000€.

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O MODULO IV DA ESA

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ informa que o prazo de matrícula no módulo IV das Ensinanzas de persoas adultas (ESA) está aberto entre os días 10 e 18 de xaneiro de 2022.

BO NADAL

Volvemos o 10 de xaneiro