Skip to Content

Bolsas de estudos para o alumnado de niveis postobrigatorios para o vindeiro curso 2022-2023

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos a alumnado de niveis postobrigatorios para o vindeiro curso 2022-2023, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional o pasado 12 de marzo de 2022.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 30 de marzo de 2022 ao 12 de maio de 2022.

Poderá solicitar estas bolsas de estudos o alumnado que o próximo curso desexe matricularse en Formación Profesional, Bacharelato ou estudos universitarios, aínda que no prazo de presentación non teña decidido cal destas opcións escollerá finalmente (marcaranse os estudos máis probables, podéndose modificar posteriormente).

Toda a información relativa a estas bolsas de estudos dispoñible no Portal de BECAS de EDUCACIÓN.



page | by Dr. Radut