Skip to Content

Novas

TRANSPORTE ESCOLAR PARA ALUMNADO DE ENSINO NON OBRIGATORIO

As solicitudes de uso do transporte escolar gratuito, para o alumnado de ensino non obrigatorio, deberánse facer antes do próximo mércores 06 de setembro, debido ao adianto dos prazos fixados pola Consellería.

O formulario de solicitude pódese cubrir no propio centro ou descargar nesta páxina web para a súa entrega no IES.

Fondo solidario de libros e axudas para adquirir libros e material escolar para o curso 2023-24

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023-2024.

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos. 

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Forma de presentación:

Electrónica: utilice a aplicación FONDO LIBROS e presente solicitude na Sede Electrónica.

Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación FONDO LIBROS, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro.

Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

Xornada de portas abertas para o alumnado de primaria.

O vindeiro martes 24 de xaneiro o noso IES celebrará unha xornada de portas abertas para o alumnado de 6º de primaria de centros adscritos. Familias interesadas de outros centros tamén serán benvidas. Dende as 18:00h a Directora e a a Orientadora do Macías, explicarán o funcionamento do noso centro e acompañarán ao alumnado e ás familias nun percorrido polas instalacións.

                                               

Dende o Macías queremos dar unha sentida benvida ao noso futuro alumnado!!!!

Eleccions Consello Escolar 2022

Á Comunidade Educativa:

Durante o presente mes de Novembro vaise levar a cabo a renovación parcial do Consello Escolar de acordo co calendario aprobado pola Xunta Electoral e que está exposto no taboleiro do Centro.

Datas a ter en conta para as eleccións:

CANDIDATURAS

          - Presentación de candidaturas: do 9/11/2022  ao 16/11/2022, ambos os dous inclusive, de

             10:00h a 13:00h, na Secretaría do centro.

          - Proclamación de candidatos/as: 17/11/2022

          - Reclamacións: 18 e 21 de novembro de 2022

          - Proclamación definitiva de candidatos/as: 22/11/2022

VOTACIÓNS

          - Votación do profesorado: 29/11/20212 nos dous recreos

          - Votación de alumnado: 29/11/2022, durante a mañá polas aulas

          - Votación de pais/nais: 29/11/2022, de 17:00h a 19:00h

          - Votación PND: 29/11/2022 de 14:00h a 15:00h

Proclamación dos candidatos/as electos/as: 30/11/2022

Pode presentar a súa candidatura calquera membro da comunidade escolar. Tendo dereito a presentar a súa candidatura e a votar, tanto a nai como o pai.

Esperamos poder contar cunha elevada participación nos distintos colectivos.

Ampliación da axuda dos vales de material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

O vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.

Os beneficiarios destas axudas (solicitantes ou persoas debidamente autorizadas) poderán recoller o novo vale no IES a partir do luns 17/10 no seguinte horario:

Luns, Martes e Mércores de 10:25 a 13:35.

Xoves de 09:25 a 11:35 e de 12:45 a 14:25.

Venres de 09:35 a 13:35.

Visita teatralizada na Fundación Cela

Hoxe, mércores 11 de maio, terá lugar na Fundación Cela unha visita teatralizada sobre a vida do escritor Camilo José Cela, a cargo do actor Suso Martínez como "Matías Martí". Incluirá ademais unha homenaxe ao tamén actor Pedro Brandariz, recentemente falecido.

Máis información premendo aquí ou accedendo a páxina da Fundación Cela.

Listaxe definitiva alumnado admitido no proceso de distribución de máscaras no curso 2021-2022

Publicada a listaxe definitiva do alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras para este curso 2021-2022, no taboleiro de anuncios do noso centro.

IMPORTANTE! O reparto realizarase a partires do xoves día 9 de decembro segundo esta instrución: o alumnado recibirá as súas máscaras no momento en que entregue en conserxería o documento asinado pola súa familia (este documento daráselles mañá).

Listaxe provisional alumnado admitido no proceso de distribución de máscaras no curso 2021-2022

Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios do noso centro.

Tal e como indicaban as instrucións da orde de convocatoria, todo aquel alumnado ao que se lle concedeu a axuda de material neste curso 2021-2022 foi beneficiario desta prestación.

Distribuir contido


by Dr. Radut