Skip to Content

Bolsas de estudos e outras axudas

BECAS PARA ALUMNADO DE FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS

Publicada na web do Ministerio de educación a convocatoria de becas e axudas para o alumnado de fp, bacharelato e outros estudos. O prazo de solicitudes do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h.. Mais informmación noseguinte enlace.

Apertura do prazo para BECAS para alumnado de estudos postobrigatorios

Comunicamos información relevante relacionada coa convocatoria de bolsas do MEFP para o curso 2023/24.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html 

Bolsas para cursos de inglés en Irlanda

O 19 de abril abre o prazo de solicitudes para as Bolsas Eurolingua para realizar cursos de inglés de dúas semanas de duración en Irlanda.

Poden consultar a información no Portal Educativo da Xunta de Galicia, ou en www.becaseurolingua.com.

Resolución Provisional de Probas de Linguas Extranxeiras

Ven de ser publicada a Resolución provisional de centros públicos beneficiarios das axudas para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado en linguas estranxeiras.

Tanto o alumnado de 2º de Bacharelato como o de 2º de Formación Profesional do noso IES que presentaron esta solicitude foron seleccionados para recibir a subvención para a realización das probas. Pódese consultar a listaxe de centros e cursos seleccionados no seguinte enlace.

Os alumnos de inglés e francés de 2º de Bacharelato e Ciclos Formativos que presentaron solicitude deben poñerse en contacto cos seus profesores que os guiarán neste proceso.

Bolsas Amancio Ortega alumnado 4º ESO para o curso 23-24

Aberto o prazo para a solicitude das bolsas da fundación Amancio Ortega para o curso 2022-2023, dende o 12 de setembro ata o 11 de outubro de 2022.

Na súa edición 23-24, o Programa convoca 400 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros educativos españois, para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos.

Premendo nas seguintes ligazóns pódese acceder á seguinte información:

- Programa de bolsas Fundación Amancio Ortega (información xeral e acceso ás distintas seccións)

- Bases de participación

Bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas que convoca o Ministerio de Educación e Formación Profesional para o vindeiro curso 2022-2023, dirixidas ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

  • Prazo: do 19 de maio de 2022 ao 30 de setembro de 2022

Toda a información dispoñible na páxina web do ministerio, sección BECAS Y AYUDAS.

Recordatorio bolsas Ministerio de Educación e Formación Profesional curso 2022/2023

Recordamos que o 12 de maio remata o prazo para pedir as bolsas de estudos para niveis postobrigatorios convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 2022-2023.

Preme aquí para acceder ás ligazóns publicadas con anterioridade nesta web.

Desliza para ver a publicación deste ministerio en RRSS:

 
 
 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de Ministerio de Educación y FP (@educaciongob)

Bolsas de estudos para o alumnado de niveis postobrigatorios para o vindeiro curso 2022-2023

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos a alumnado de niveis postobrigatorios para o vindeiro curso 2022-2023, convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional o pasado 12 de marzo de 2022.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 30 de marzo de 2022 ao 12 de maio de 2022.

Poderá solicitar estas bolsas de estudos o alumnado que o próximo curso desexe matricularse en Formación Profesional, Bacharelato ou estudos universitarios, aínda que no prazo de presentación non teña decidido cal destas opcións escollerá finalmente (marcaranse os estudos máis probables, podéndose modificar posteriormente).

Toda a información relativa a estas bolsas de estudos dispoñible no Portal de BECAS de EDUCACIÓN.

Listaxe definitiva alumnado admitido no proceso de distribución de máscaras no curso 2021-2022

Publicada a listaxe definitiva do alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras para este curso 2021-2022, no taboleiro de anuncios do noso centro.

IMPORTANTE! O reparto realizarase a partires do xoves día 9 de decembro segundo esta instrución: o alumnado recibirá as súas máscaras no momento en que entregue en conserxería o documento asinado pola súa familia (este documento daráselles mañá).

Listaxe provisional alumnado admitido no proceso de distribución de máscaras no curso 2021-2022

Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras no taboleiro de anuncios do noso centro.

Tal e como indicaban as instrucións da orde de convocatoria, todo aquel alumnado ao que se lle concedeu a axuda de material neste curso 2021-2022 foi beneficiario desta prestación.

Distribuir contido


by Dr. Radut