Skip to Content

VISITA AO VIVEIRO DE EMPRESAS DE BARRO (PONTEVEDRA)

O pasado martes 16 de abril, os grupos da FP Básica da rama de electricidade así como o grupo de 1º do Ciclo Superior de Automatización e Robótica Industrial realizaron unha saída para coñecer diversas experiencias empresariais relacionadas co emprendemento no sector da electricidade.

            

A primeira parada foi no Viveiro de Barro, para coñecer experiencias concretas de emprendemento relacionadas co sector da electricidade e a automatización, visitando tres proxectos emprendedores que están a dar os seus primeiros pasos: Pontesol, unha empresa instaladora de paneles solares; Enercraft, que traballa nos campos de electricifación e almacenamento de enerxía limpa, levando a cabo un novedoso deseño de baterías protátiles, e Tecnobelts, que se dedica ao deseño, fabricación e mantemento de equipos industriais, en especial, tecnoloxías de transporte e correas industriais.

Logo achegámonos ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde recibimos un obradoiro mediante varias dinámicas grupais para desenvolver as nosas habilidades en competencias brandas (as coñecidas como soft skills) como o traballo en equipo ou o pensamento imaxinativo; e achegámonosa contemplar a Laxe dos Carballos, que é o petróglifo máis coñecido do lugar.

A última parada do día foi na fábrica de Vertifil, onde poidemos ver todo o proceso de producción de textiles técnicos e industriais.

EXCELENTE RESULTADO NA FASE PROVINCIAL DO XOGADE

  

 O noso representante Iker Vázquez finalizou nun meritorio decimosegundo lugar na fase provincial de XOGADE.O seu esforzo levouno a competir coa elite desta proba de campo a través na última fase.

NORABOA IKER!

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN DO ALUMNADO - CURSO 24-25

 

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión neste centro para o vindeiro curso, esta ADMITIDO

 PARA ALUMNADO DE CENTROS ADSCRITOS: Comunícase que todas as solicitudes de reserva de praza do alumnado para a matrícula de 1º ESO e de 1º Bacharelato para o vindeiro curso 2024-2025 no IES Macías o Namorado foron admitidasPódense consultar as listaxes do alumnado admitido no taboleiro do noso centro.

PARA O ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS: Dende o día 1 de marzo, ata o 20 de marzo (ambos incluídos), estará aberto o prazo de admisión, de forma telemática a través da aplicación admisiónalumnado ou nas dependencias do noso IES. Nos seguintes documentos dispoñen de toda a información:

1. Instruccións xerais

2. Prazos

3. Vacantes.

4. Manual para as familias

5. Modelo de solicitude en galego

6. Modelo de solicitude en castelán

EXPOSICIÓN "MACIAS NO ESPELLO"

O pasado 10 de abril, o Alcalde de Padrón, D. Anxo Arca e a Concelleira de Cultura inauguraron unha exposición de imaxes que foran realizadas nun obradoiro do Departamento de Plástica co fotógrafo Fuco Reyes desenvolvido no IES MACIAS O NAMORADO durante o curso 22-23.

As fotografías nas que colaborara o alumnado de 4º da ESO, formaron parte do seu proxecto "O Espello de Claude" co que Fuco Reyes gañou o Premio Luis Ksado de creación fotográfica na súa XVII edición, organizado pola Deputación da Coruña no ano 2023.

As imaxes, (case unha vintena) están protagonizadas polo noso alumnado (agora en Bacharelato), e exploran os sentimentos da adolescencia e a súas vivencias interiores no Instituto. A exposición estará dispoñible ata mediados de maio e aberta ao público no horario do Auditorio Municipal padronés.

      

VISITA AO CIMUS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado xoves 4 de abril, o alumnado que cursa a materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO do noso IES visitou o CiMUS, Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, localizado no Campus Sur, en Santiago de Compostela.

         

O CiMUS forma parte da rede de centros de investigación cun novo modelo de organización e funcionamento, que constitúe o elemento fundamental da estratexia de I+D do proxecto CAMPUS VIDA. Ten como misión realizar unha investigación básica de calidade contrastada, co obxectivo de acadar avances na prevención, entendemento e tratamento da enfermidade crónica.

        

 

Durante esta visita, o alumnado coñeceu os servizos centrais do centro (microscopía, citometría, histoloxía) e o traballo de investigación que se leva a cabo no Laboratorio DNA Repair, complementando así a súa formación nos contidos desta materia

VISITA A CLESA

O pasado xoves 21 de marzo, o alumnado que cursa a materia de Proxecto Competencial de 1º e 2º ESO no IES Macías o Namorado visitou a fábrica de CLESA, localizada en Caldas de Reis (Pontevedra). 

CLESA é unha das marcas de produtos lácteos pertencentes á cooperativa CLUN, referente no sector agrogandeiro galego, que aposta pola sostibilidade e presenta un modelo de compromiso coa innovación e a calidade dos seus produtos.                                

Esta saída foi organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Educación Física, ambos os dous coordinadores do proxecto Nutriactívate co Macías!, co que neste curso 2023/2024 participamos no programa Nutriescolas (dentro do Plan Proxecta+).

       

No noso proxecto temos como obxectivo promocionar hábitos saudables no alumnado e resto da comunidade educativa, tanto desde o punto de vista da alimentación como da actividade física. Por este motivo, consideramos de gran interese a realización desta visita, pois os rapaces e rapazas que asistiron coñeceron de primeira man a fabricación de varios produtos lácteos e visitaron brevemente parte das instalacións. Tamén puideron probar algunhas das variedades de iogur (e incluso propoñer sabores novos!) e dar opinión sobre o novo logo e packaging dos produtos actuais.

 

INICIACIÓN Á ESCALADA

Onte mércores 20 de marzo, o alumnado do IES realizou unha actividade de bautismo de escalada no rocódromo Indoorwall de Santiago de Compostela. Alumnado e profesorado acompañante gozaron desta emocionante xornada deportiva.

        

 Despois desprazáronse ao Museo de Historia Natural onde coñeceron as importantes coleccións de animais, insectos... Esta actividade foi organizada polos departamentos de Educación Física e o Departamento de Bioloxía.

Clica nos adxuntos para ver máis imaxes destas actividades.

Visita ao IDIS en Santiago de Compostela.

O pasado mércores 6 de marzo, o alumnado que cursa a materia de Bioloxía de 2º Bacharelato do IES Macías o Namorado visitou o IDIS, Instituto de Investigación Sanitaria, localizado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). 

O IDIS é un centro de investigación biomédica que busca promover e fomentar a investigación de excelencia, o coñecemento científico e tecnolóxico e o seu posterior traslado ao sector produtivo, así como a docencia e a formación, e sempre cun obxectivo claro: mellorar a saúde da poboación. 

De todos os grupos de investigación que forman parte deste centro, o alumnado puido coñecer os seguintes laboratorios: CARDIOCHUS (grupo de Cardioloxía), ONCOMET (grupo de Oncoloxía) e GENVIP (grupo de Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría), todos eles integrados por equipos multidisciplinares de natureza transversal no ámbito da investigación básica e clínica aplicada que empregan as últimas tecnoloxías e métodos analíticos das diferentes disciplinas para optimizar o tratamento dos pacientes de cardioloxía, oncoloxía e pediatría.

As nosas alumnas rotaron polos distintos laboratorios adentrándose nas técnicas empregadas neles mediante a realización de talleres prácticos como unha extracción de ADN de saliva, a observación dunha mostra sanguínea ou de cultivos celulares de peixes cebra e a posterior análise da súa importancia na investigación en medicina.          

Desde o departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizouse esta saída marcando como obxectivos: achegar o alumnado ao mundo da investigación, amosar o traballo desempeñado nun instituto de investigación acreditado como “centro de investigación do Sistema Nacional de Saúde”; contribuír ao espertar do interese científico; poñer en valor a importancia da investigación científica nos avances da medicina, e na busca do benestar da sociedade.

 

BECAS PARA ALUMNADO DE FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS

Publicada na web do Ministerio de educación a convocatoria de becas e axudas para o alumnado de fp, bacharelato e outros estudos. O prazo de solicitudes do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h.. Mais informmación noseguinte enlace.

PRAZO RECLAMACIÓNS PARA CICLOS DE FP

Informase ao alumnado de segundo dos ciclos de FP, que o prazo para reclamacións ás cualficacións será os días 20 e 21 de marzo nas dependencias do IES.

Distribuir contido


by Dr. Radut