Skip to Content

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado venres 23 de febreiro tivo lugar no ximnasio do IES un taller sobre técnicas de primeiros auxilios, impartido polo GES (Grupo de Emerxencias Sanitarias) de Padrón.

  

As emerxencias santiarias forman parte do curriculo de FOL (Formación e Orientación Laboral), polo que participou o alumnado do centro que cursa este módulo. durante a sesión, recibiron formación sobre diferentes manobras que en caso de emerxencia poden salvar vidas, como é a reanimación cardio-pulmonar (RCP), a Posición Lateral de Seguridade (PLS), ou a manobra de Heimlich, a coñecida como compresión abdominal que é moi útil en caso de atragantamentos.

O alumando segiu as explicacións con grande interese e levou á practica estas manobras, polo que resultou unha xornada moi útil e instructiva.

TAEKWONDO NO MACÍAS

Dentro do Programa "Coñece o teu clube", onte día 28 achegáronse ás instalacións do noso IES dous membros do clube  Natural Sport de Ribeira.

O alumnado de 2º da ESO puido achegarse á formación básica desta arte marcial co privilexio de facelo con Irene Montemuíño e Alex Vidal que son Campiona de España Universitaria e Bronce Europeo sub-21 a primeira; e catro veces Campión de Europa, Campión mundial e deportista olímpico o segundo!!!

Moitas gracias aos dous!!! 

      

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

Convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinada a alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato.

Enlace

OBRADOIROS SOBRE SEGURIDADE NA REDE

O Departamento de Orientación considera interesante para as familias a seguinte información sobre dous obradoiros online:

DÍA DE INTERNET SEGURA 2024 (6 de febreiro).

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/consellos-de-seguridade/novas/obradoiros-dinamico-participativos-en-lina-para-o-alumnado-no-dia-de

 NOOC "Menores e seguridade na rede"

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/consellos-de-seguridade/novas/nooc-menores-e-seguridade-na-rede

 

A FAMILIA DE CICLOS DE ELECTRICIDADE VISITA SOTAVENTO (XERMADE)

 

O día 30 de xaneiro, o alumnado de todos os ciclos de Electricidade, puideron participar nunha visita guiada ao Parque Eólico Experimental de Sotavento; referente na investigación e divulgación das enerxías renovables, do aforro enerxético e da súa interrelación co medio ambiente. 

Alí observaron de forma máis directa o funcionamento das máquinas aeroxeneradorascomprobaron de xeito práctico e interactivo as distintas medidas de aforro e eficiencia enerxética nunha vivenda bioclimática domotizada e coñeceron instalacións reais de diferentes tecnoloxías tanto térmicas como fotovoltaicas.

 

O IES ACOLLE A MESA LOCAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As instalacións do IES Macías O Namorado, albergaron a xuntanza da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero (MLC), na que o centro participa activamente e está representado a través de dous docentes do Departamento de Orientación e a FP Dual.

A MLCe nace no 2020 co obxectivo de canalizar os esforzos e recursos das diferentes institucións de cara a prevención e loita contra a violencia machista. A súa natureza de carácter interistitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes entidades e colectivos sociais que interveñan no territorio. 

Neste órgano participan a Garda Civil, a Policía, os Bombeiros, os centros educativos do concello padronés, e diversos respresentantes de asociacións culturais e clubes do Concello; ademáis do Centro de Información da Muller; ata un total de vintecinco integrantes  

A Mesa está promovida polo Centro  de información da Muller (CIM) do Concello de Padrón.  Entre os puntos mais salientables da orde do día, destacan a  presentación dos novos axentes que se incorporaron a Mesa,  a presentación das  propostas acordadas na sesión anterior e sobre todo presentación e acordos sobre diversas propostas de actividades para os próximos meses que inclúen: encontros interxeneracionais entre avós e adolescentes, formación para a comunicación non violenta nas redes sociais, uso responsable das tics, visibilización de mulleres compositoras e un Cinefórum sobre igualdade de xénero.

Na reunión participou ademáis o Alcalde de Padrón, D. Anxo Rei Arca que comunicou a vontade da corporación de colaborar económicamente a través dos presupostos municipais.

EQUIPO INNOVATECH

Os membros da equipa de Innovatech fumos convoacados a unha sesión formativa este venres 19 de xaneiro no CIFP Compostela, en Santiago de Compostela. O obxectivo foi mellorar as ferramentas coas cales abordar o reto proposto. No noso caso, o reto número 2, consistente en deseñar un robot que permita nos talleres de reparación de automoción, coller as pezas do almacén e levalas ao lugar onde está a traballar a persoa operaria. A formación consistiu na técnica Desing Thinking, que se trata dunha técnica que fomenta a creatividade á hora de levar a cabo unha innovación ao mercado, empatizando co cliente e propoñendo unha metodoloxía de traballo interdisciplinar.

A sesión foi moi participativa e o noso equipo tivo que empatizar e poñerse no lugar dun operacio dun taller. Deste xeito, analizamos cales son as súas problemáticas e como resolver as súas necesidades, levando a cabo un proceso de diverxencia para xeral moitas solucións e de converxencia para elixir á máis adecuada. 

A xornada resultou ser entretida e productiva, achegándonos ferramentes para resolver o reto.

VISITA Á FUNDACIÓN PAIDEIA

       

O pasado martes 16 de xaneiro, o alumnado de 1º de CS de Administración e finanzas e de 1º do CM de Xestión Administrativa, dentro das actividades programadas a través da Aula de Emprendemento, realizaron unha visita ás Instalacións da Fundación Paidea na Escravitude, en Padrón. Alí foron recibidos por representantes de Paideia e da Asociación Deloa. 


As representantes da Fundación Paideia explicáronlles as actividades que levan a cabo, entre as que destacaron a explicación da coordinación que realizan sobre o Programa de Voluntariado Europeo, onde animaron ao alumnado a participar na experiencia do voluntariado. 

Tamén deron conta do curso "Marketing Dixital e Cooperativismo" que realiza anualmente a Fundación. Precisamente da última edición deste curso naceu unha cooperativa de márketing dixital, enfocado a empresas concientes, chámase Moira, e as persoas membros da cooperativa presentáronnos o seu proxecto, relacionado con ofrecer servizos de márketing dixital, e que na actualidade, están afincadas no coworking da Fundación Paideia en A Escravitude. As alumnas e alumnos realizaron un emocionante Kahoot! final para comprobar os seus coñecementos sobre os contidos nos que acababan de ser formados.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS de grao medio e superior de FP (2024)

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Distribuir contido


by Dr. Radut